- Detalles
-
Categoría: Consorcio de Santiago
-
Published: Martes, 21 Xullo 2015 11:53
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 429
Datado no ano 1763, o conxunto presenta ataque de insectos e fungos xilófagos, así como perda de soporte e de dourados
O Consorcio de Santiago está a restaurar o retablo da Virxe de Montserrat da capela do Hospital de San Roque, situada na rúa do mesmo nome, co fin de garantir a súa conservación futura. Os traballos estaos a realizar a empresa Alfa ArteRestauración SRL. Tal como explica a restauradora, Ángeles Santiago, “o retablo é de estilo barroco, datado en 1763, realizado en madeira de castiñeiro tallada e policromada. Divídese en dous corpos: o inferior, cun camarín que alberga unha talla da virxe e o superior, na actualidade cunha talla de San Roque. O conxunto está rematado por unha imaxe que sostén a Deus pai sobre a representación do Espírito Santo rodeado de querubíns”.
Ler máis: O Consorcio de Santiago está a restaurar o retablo da Virxe de Montserrat da capela do Hospital de...
- Detalles
-
Categoría: Consorcio de Santiago
-
Published: Luns, 13 Xullo 2015 10:24
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 453
O traballos, cuxa duración estímase en tres meses, teñen un orzamento global de 66.550 euros
O Consorcio de Santiago vai intervir no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levaraos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.
Ler máis: O Consorcio de Santiago intervirá no Auditorio de Galicia, co fin de evitar as filtracións da auga...