Unhas 6.000 persoas levan visitado a exposición conmemorativa dos 125 anos da Escola de Arte e Deseño “Mestre Mateo”na Casa do Cabido
- Detalles
- Categoría: Consorcio de Santiago
- Published: Xoves, 25 Xuño 2015 10:18
- Escrito por Azucena
- Visitas: 448
Este domingo, 28 de xuño, é o derradeiro día para percorrer a mostra
Reúne obras das antigas Grecia e Roma, material de traballo e pezas realizadas polos alumnos, entre elas esculturas, deseños de moda e produtos, fotografías, vídeos, arquitectura efémera ou xoias
A Casa do Cabido, na Praza das Praterías, acolle, dende finais de febreiro, a exposición “CENTO25 sinerxias creativas”, que conmemora os 125 anos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, con sede en Santiago. A mostra creárona os alumnos da especialidade de Arquitectura Efémera do centro como un proxecto dos seus estudos.