O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pide á Consellería de Traballo e Benestar que se manteñan as dúas prazas de psicólogo/a no Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol da Coruña
- Detalles
- Categoría: Colexio de Psicoloxía de Galicia
- Published: Domingo, 26 Xuño 2011 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 857
A Consellería vai reconvertelo nun centro de atención a persoas adultas discapacitadas gravemente afectadas e pretende eliminar unha praza de psicólogo/a, consolidada dende hai anos
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vai reconverter o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol da Coruña, que ata o de agora atendía a nenos dende idade preescolar ata que cumprían os 21 anos, nun centro de atención a persoas adultas discapacitadas gravemente afectadas. Con motivo desta circunstancia, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) pídelle á Consellería que se manteñan as dúas prazas de psicólogo/a coas que se conta na actualidade.