- Detalles
-
Categoría: Arquitectos de Santiago
-
Published: Sábado, 24 Agosto 2013 09:37
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 816
Celebraranse en setembro e outubro na casa da cultura de Noia e participarán seis acreditados profesionais
Hai 70 prazas, a inscrición é gratuíta e pode formalizarse dende o 26 de agosto na web colexial www.coag.es
A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia e o Concello de Noia organizan en setembro e outubro unhas xornadas divulgativas baixo o título de Planeando: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia. Serán catro sesións, tres conferencias e unha charla-coloquio, “de carácter didáctico e entretidas”, segundo subliña o programa, co fin de incentivar a participación de persoas sen relación profesional co urbanismo ou a planificación, polo que están dirixidas aos cidadáns en xeral, aínda que tamén a técnicos implicados en temas urbanísticos e do hábitat.
Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Santiago e o Concello de Noia organizan unhas xornadas arredor do Plan...
- Detalles
-
Categoría: Arquitectos de Santiago
-
Published: Venres, 25 Xaneiro 2013 12:36
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 881
Abordarase a recuperación das Brañas do Sar a través dunha xestión sustentable, que transformará o modelo urbano e descubrirá unha auténtica “catedral de auga” na cidade
O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, ofrecerá o próximo luns, 28 de xaneiro, a conferencia “Unha estratexia verde para Santiago”, dirixida polo doutor arquitecto e profesor do Departamento de Construcións Arquitectónicas da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), Albert Cuchí. O acto, que se celebrará no Ateneo (rúa do Vilar, 19) ás 20:00 horas, estará presentado polo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, e contará coa presenza da presidenta da delegación compostelá, Ana Domínguez Laíño.
Ler máis: O profesor Albert Cuchí ofrecerá o luns unha conferencia sobre a estratexia verde para Santiago no...