Músicos procedentes de toda Galicia, de diferentes puntos de España, Portugal, Turquía e Perú lograron praza no curso de posgrao de Especialización Orquestral que imparte a Escola de Altos Estudos Musicais

Quedou deserta unha praza da especialidade de trompa e outra de violoncello, para as que se realizará unha convocatoria extraordinaria

A Escola de Altos Estudos Musicais, con sede en Santiago de Compostela, imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. Naceu hai catro anos como unha experiencia pioneira en toda España.

Ler máis: Músicos procedentes de toda Galicia, de diferentes puntos de España, Portugal, Turquía e Perú...

O Consorcio de Santiago vai reparar a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla

As obras, cun orzamento de 18.554,44 euros, está previsto que rematen en dous meses

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascende aos 18.554,44 euros, centraranse en particular na cuberta do templo e está previsto que rematen no prazo de dous meses. 

Ler máis: O Consorcio de Santiago vai reparar a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na...

O Consorcio de Santiago aprobou esta mañá a programación 2015-2016 da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais

Ademais, asinou un acordo de colaboración coa Televisión de Galicia para difundir os concertos da orquestra

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademais dos representantes das tres Administracións consorciadas -Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Santiago-, asistiron por invitación os portavoces dos grupos municipais, pendente de que se celebre o Pleno que faga efectivo o nomeamento dos dous concelleiros que terán parte no Consorcio.

Ler máis: O Consorcio de Santiago aprobou esta mañá a programación 2015-2016 da Real Filharmonía de Galicia...

A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada de abono, ademais de actuacións na rúa, propostas didácticas e familiares e un concerto extraordinario polo seu 20º aniversario

Destacan as colaboracións con músicos doutros estilos como Cristina Pato e Julián Rodríguez de Siniestro Total e do actor Luis Tosar

A orquestra tocará nas principais cidades galegas, en Bilbao e Portugal

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a súa nova temporada de abono 2014-2015 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o seu director técnico, José Montes.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada de abono, ademais de...

A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres as tres últimas sinfonías de Mozart no Hostal dos Reis Católicos, no marco do Festival Via Stellae

Levará a batuta o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave

A Real Filharmonía de Galicia participa na X edición do festival de música clásica Via Stellae, que se está a celebrar en Santiago de Compostela. A orquestra actúa este venres, 3 de xullo, no Hostal dos Reis Católicos, no Patio de San Xoán, ás 20.00 horas. Os músicos estarán dirixidos polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Teatro Principal.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres as tres últimas sinfonías de Mozart no Hostal...