Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa Real Filharmonía de Galicia xunto con outros mozos procedentes de Rusia, Bielorrusia e Holanda

O V Festival Internacional Peregrinos Musicais, destinado a apoiar a novos talentos, clausúrase este venres en Santiago

A batuta levaraa o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave

O V Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 25 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia, Rusia, Bielorrusia e Holanda. A cita terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis: Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa Real Filharmonía de Galicia xunto con outros...

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta tarde un concerto gratuíto ao aire libre na Zona C de Bonaval, que comezará ás 20:00 horas

A orquestra concluirá este primeiro ciclo de actuacións na rúa mañá sábado cun concerto na Praza Roxa

O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Dentro deste propósito, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da súa orquestra.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta tarde un concerto gratuíto ao aire libre na Zona C de...

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 14 prazas para que rapaces de entre 5 e 14 anos, estudantes de música, realicen un curso de corda no centro

Son 8 prazas para a especialidade de violín, 4 para violoncello e 2 para contrabaixo

Os alumnos interesados poden inscribirse ata o 4 de novembro 

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro acaba de poñer en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, violoncello e contrabaixo. As clases comezarán en novembro de 2015 e prolongarase ata o mes de maio de 2016.

Ler máis: A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 14 prazas para que rapaces de entre 5 e 14 anos,...

Unhas 19.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se reparte entre a Casa do Cabido e o Museo do Pobo Galego

A mostra poderá visitarse ata este domingo no Museo do Pobo Galego e ata mediados de novembro na Casa do Cabido

Baixo o título “Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na Praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións ao redor de 19.000 persoas.

Ler máis: Unhas 19.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se...

O 7 de setembro remata o prazo para optar a unha praza de violoncello e outra de trompa dentro do curso de posgrao de especialización orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais

O día 15 deste mes realizaranse as probas de acceso para estas dúas especialidades

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. O pasado mes de xuño realizáronse as probas para acceder ao curso e quedaron desertas as especialidades de trompa e violoncello.

Ler máis: O 7 de setembro remata o prazo para optar a unha praza de violoncello e outra de trompa dentro do...