- Detalles
-
Categoría: Consorcio de Santiago
-
Published: Sábado, 26 Outubro 2013 18:43
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 573
É unha publicación sobre a familia de músicos Courtier na Compostela do s. XIX, que inclúe fotos, recortes de prensa e catro partituras de Ricardo Courtier
Foi recoñecido cunha “Mención especial” no 2º Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e a USC
Presentarase o luns-28 no Casino ás 7 da tarde, nunha velada literario-musical na que alumnas do Conservatorio Histórico interpretarán obras da familia Courtier
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican unha obra sobre a familia Courtier no século XIX titulado La saga Courtier en Galicia, obra dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela Montes. Tal como recolle no prólogo do libro Xerardo Fernández Albor, a beleza da cidade seguramente levou a Juan Courtier (Barcelona, 1780, de pai suízo) a afincarse en Compostela no ano 1818, ocupando o posto de primeiro violín na capela da Catedral, “e perpetuar a presenza do seu apelido a través de seus fillos José, Hilario e Juan, e dos seus netos, entre eles, Ricardo”. Os autores da publicación sinalan no preludio que é un traballo musicolóxico onde consideraron “conveniente” relacionar o momento vital de cada un dos catro músicos principais coas súas distintas facetas de intérpretes, docentes ou mesmo compositores. A obra foi recoñecida cunha “Mención especial” no 2º Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e a Universidade de Santiago.
Ler máis: O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora presentan La saga Courtier en Galicia, obra dos...
- Detalles
-
Categoría: Consorcio de Santiago
-
Published: Xoves, 24 Outubro 2013 18:38
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 524
Esta iniciativa diríxese a músicos profesionais e afeccionados
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.
Ler máis: O trompetista Luís González inicia as clases maxistrais da Escola de Altos Estudos Musicais