O Colexio de Biólogos de Galicia envía alegacións á Lei de Acompañamento dos Orzamentos que estes días se debate no Parlamento galego

eolicos_webConsideran que introduce modificacións normativas negativas para estes profesionais e para a protección ambiental de Galicia

Estes días debátese no Parlamento de Galicia o Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, coñecida como Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Este Proxecto de Lei introduce modificacións normativas en ámbitos relacionados coa actividade profesional dos biólogos e de especial relevancia para a comunidade galega en materia ambiental. Por este motivo, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) acaba de enviarlle ós Grupos representados na Cámara galega unha serie de alegacións que agarda “que se teñan en conta na tramitación do Proxecto de Lei”.

Ler máis: O Colexio de Biólogos de Galicia envía alegacións á Lei de Acompañamento dos Orzamentos que estes...

Un total de 99 estudantes de 33 centros de ensino secundario de toda Galicia están inscritos na VII Olimpíada Galega de Bioloxía

bioloxia_vigo_webO certame, que se celebrará a principios do vindeiro ano en Vigo, diríxese a estudantes de segundo de bacharelato

O vindeiro mes de xaneiro, o día 13, celébrase a Olimpíada Galega de Bioloxía. Estas probas, que xa cumpren a súa sétima edición, realizaranse este ano na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. O certame diríxese aos alumnos que cursan segundo de bacharelato. Na súa organización colaboran o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA-, as tres universidades galegas (A Coruña, Santiago e Vigo) e a Xunta de Galicia.

Ler máis: Un total de 99 estudantes de 33 centros de ensino secundario de toda Galicia están inscritos na...

Un biólogo identifica un total de 727 especies de plantas diferentes no territorio de Ferrol, o que representa a metade da flora da provincia da Coruña e unha terceira parte da que existe en Galicia

pancratium_maritimum_webUn 12% da flora do municipio son especies exóticas, procedentes na súa maioría de América ou de Sudáfrica

Por primeira vez unha publicación reúne todas as plantas que existen no municipio de Ferrol. Trátase do “Catálogo da flora vascular do Concello de Ferrol”, realizado polo biólogo Jaime Fagúndez Díaz. O libro recolle datos relativos á localización das plantas, distribución, abundancia, se é unha especie invasora, se hai problemas para a súa identificación… Este catálogo de especies elaborouse a partir da información obtida das referencias bibliográficas, das mostras existentes en herbarios oficiais e tamén das observacións e recoleccións propias.

Ler máis: Un biólogo identifica un total de 727 especies de plantas diferentes no territorio de Ferrol, o...

Os estudantes de segundo de bacharelato de toda Galicia xa poden facer as inscricións para participar na Olimpíada Galega de Bioloxía

ganadores2011_webCelebrarase en xaneiro de 2012 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo

Por sétimo ano consecutivo celébrase a Olimpíada Galega de Bioloxía, que terá lugar o vindeiro mes de xaneiro (día 13) na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Este certame diríxese aos estudantes de segundo curso de bacharelato e na súa organización colaboran o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA-, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.

Ler máis: Os estudantes de segundo de bacharelato de toda Galicia xa poden facer as inscricións para...

Os biólogos manifestan que a xestión forestal debe contemplar o alto risco de incendios que hai en Galicia e planificar e investir en tarefas de prevención

incendio_forestal_webDestacan que no recente incendio de Bande perdéronse unhas 15.000 toneladas de materia vexetal, coas que se podería xerar enerxía eléctrica por valor de 3 millóns de euros

Mañá martes, 4 de maio, celébrase o Día Internacional dos Incendios Forestais. Con motivo desta efeméride e no marco do Ano Internacional dos Bosques, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- quere poñer de manifesto que a xestión forestal debe contemplar o alto risco de incendios que hai en Galicia e planificar e investir sobre todo en tarefas de prevención.

Ler máis: Os biólogos manifestan que a xestión forestal debe contemplar o alto risco de incendios que hai en...