Unirisco vende o seu 17,86% da firma láctea Innolact aos socios promotores da compañía
- Detalles
- Categoría: CITT-USC
- Published: Domingo, 10 Febreiro 2013 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 1003
É a única empresa galega que fabrica queixo de untar; factura 4 millóns de euros e comercializa os seus produtos en 14 países
Unirisco participa en 9 compañías de biotecnoloxía, ciencias da saúde, nanotecnoloxía, novos materiais e TIC
A sociedade de capital risco Unirisco Galicia vende o seu 17,86% da empresa láctea Innolact aos socios promotores da compañía. Trátase da única firma galega especializada na fabricación de queixo de untar e a cuarta a escala nacional. A operación de desinvestimento supuxo unha Taxa Interna de Rendiblidade (TIR) do 17,67% para Unirisco, impulsada pola Universidade de Santiago e da que forman parte as tres universidades galegas e varias empresas da comunidade.
Ler máis: Unirisco vende o seu 17,86% da firma láctea Innolact aos socios promotores da compañía