O Consorcio de Santiago adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península Ibérica, situado en Compostela

A intervención, que ascende a 1.008.644,89 euros, permitirá que o centro estea plenamente operativo durante 2016

Favorecerá a creación de empresas especializadas e a xeración de emprego cualificado e estable

O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.

Ler máis: O Consorcio de Santiago adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de...

Unhas 7.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se reparte entre a Casa do Cabido e o Museo do Pobo Galego

A mostra poderá visitarse ata setembro no Museo do Pobo Galego e ata novembro na Casa do Cabido

Baixo o título “Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na Praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións ao redor de 7.000 persoas.

Ler máis: Unhas 7.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se reparte...

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no marco das festas do Apóstolo, na Praza da Quintana, este venres ás 21:00 horas

Tocará, entre outras obras, fragmentos do Crebanoces de Chaikovski e a obertura de As alegres comadres de Windsor de Otto Nicolai

O concerto, dirixido polo galego Diego García Rodríguez, é gratuíto previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá Praza da Quintana acollerá este venres, 31 de xullo, un concerto dirixido polo mestre galego Diego García Rodríguez, ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. A actuación cancelarase en caso de choiva.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no marco das festas do Apóstolo, na Praza da...

Unha publicación coeditada polo Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos reúne a correspondencia que o pintor Carlos Maside mantivo entre 1928 e 1958 con intelectuais da época como Luís Seoane, Castelao, Federico García Lorca, Isaac Díaz Pardo ou La

Son un total de 179 cartas, na súa maioría inéditas, marcadas pola Guerra Civil española e a longa ditadura posterior

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:00 horas 

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar “Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside”. Esta tarde, ás 19:00 horas, preséntase na Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Asistirá o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez, que reuniu e transcribiu toda a correspondencia que se recolle na publicación; o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, coordinador da edición; xunto coa xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

Ler máis: Unha publicación coeditada polo Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos reúne a...

O Consorcio colaborará coa Universidade de Santiago e outras entidades da cidade para poñer en marcha unha exposición sobre a figura de Montero Ríos

O organismo aportará 3.000 euros para a realización desta mostra, que recollerá ademais a transformación urbanística que se produciu na cidade da man do político compostelán

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. O Consello de Administración aprobou as contas xerais do Consorcio relativas ao exercicio 2014.

Ler máis: O Consorcio colaborará coa Universidade de Santiago e outras entidades da cidade para poñer en...