O percusionista da Orquestra Filarmónica de Berlín imparte a vindeira semana unha clase na Escola de Altos Estudos Musicais

Poderán asistir ata trece músicos galegos interesados na percusión, tanto profesionais como afeccionados

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.

Ler máis: O percusionista da Orquestra Filarmónica de Berlín imparte a vindeira semana unha clase na...

Os traballos de eliminación de humidades na capela do Cristo de Conxo, exemplo de conservación do patrimonio e do medio ambiente

A incorporación de canalóns afectaba a unha ave protexida que cría nas cubertas da capela, polo que se deixaron ocos nos aleiros que lles permitirán entrar e construír os seus niños

A xerente do Consorcio, María Antón, supervisou esta mañá as tarefas de rehabilitación, que están a piques de rematar

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a eliminación de humidades na capela do Santo Cristo de Conxo. Os traballos, que comezaron a principios de setembro, rematarán ao longo deste mes. A empresa adxudicataria da obra é Construcciones Abal e o orzamento global ascende a 109.749,58 euros. Esta mañá a xerente do Consorcio, María Antón, visitou a capela para coñecer de primeira man a evolución das tarefas de rehabilitación, en compañía do párroco, Manuel Pérez, e dos responsables da empresa encargada dos traballos.

Ler máis: Os traballos de eliminación de humidades na capela do Cristo de Conxo, exemplo de conservación do...

O músico británico Andrew Marriner, que participou en bandas sonoras de películas como “Harry Potter”, imparte unha clase de clarinete na Escola de Altos Estudos Musicais

Foi clarinete principal na Orquestra Sinfónica de Londres

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.

Ler máis: O músico británico Andrew Marriner, que participou en bandas sonoras de películas como “Harry...

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Zumalave, desprázase esta semana a Ferrol para interpretar obras de Beethoven, Strauss e Bal y Gay

O concerto celebrarase no Teatro Jofre o xoves 5, ás 20:30 horas, promovido pola Sociedade Filarmónica Ferrolá

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana o seu concerto na cidade de Ferrol. Baixo a batuta do director compostelán Maximino Zumalave, a orquestra interpretará obras de Beethowen, Strauss e Bal y Gay. Será o vindeiro xoves, día 5 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Jofre. A velada musical é unha iniciativa promovida pola Sociedade Filarmónica Ferrolá no marco do seu ciclo de concertos.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Zumalave, desprázase esta semana a Ferrol para...

Os hostaleiros de Boiro descubrirán os segredos dun bo corte do xamón

Jose Manuel Míguez, cortador de xamón:

“O corte debe ser fino e dun tamaño axeitado á boca, sen ter que partir a rebanda e poder apertala no padal, pechar os ollos e deixar que a explosión aromática nos invada por completo”

A Antena Local de Boiro organiza esta xornada para o vindeiro mércores na Asociación Boirense de Empresarios

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago celebrará o próximo mércores, día 4 de decembro, unha xornada sobre as propiedades do xamón e como realizan un bo corte en Boiro. Celebrarase na Asociación Boirense de Empresarios, situada na avenida da Constitución 85, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Ler máis: Os hostaleiros de Boiro descubrirán os segredos dun bo corte do xamón