A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece tres prazas para que os músicos máis novos perfeccionen a súa destreza co contrabaixo

O vindeiro 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición

Ademais da parte musical, os alumnos formaranse para previr as tensións, malas posturas e lesións musculares que afectan aos músicos

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago, promove un curso de contrabaixo dirixido a intérpretes mozos. A través desta iniciativa búscase mellorar os coñecementos e as habilidades que os músicos máis novos teñen en relación a este instrumento de corda. O curso desenvolverase entre os meses de febreiro a xuño, nun total de sete sesións que se celebrarán os sábados pola mañá, a primeira o 8 de febreiro.

Ler máis: A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece tres prazas para que os músicos máis novos perfeccionen...

La pianista croata Martina Filjak actúa este viernes con la Real Filharmonía de Galicia

Dirigirá la orquesta el director venezolano Manuel Hernández-Silva, que mantendrá un encuentro con el público antes del concierto

La RFG interpretará obras de Elgar, Hindemith y Schubert

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra un nuevo concierto este viernes, día 10 de enero, a las 21:00 horas, en el Auditorio de Galicia. En esta ocasión llevará la batuta el director venezolano Manuel Hernández-Silva. Además, la orquesta estará acompañada al piano por la pianista croata Martina Filjak. 

Ler máis: La pianista croata Martina Filjak actúa este viernes con la Real Filharmonía de Galicia

O director galego Diego García dirixe a Real Filharmonía de Galicia no tradicional concerto da noite de Reis

A orquestra tocará varias obras de Satie, con textos do propio compositor, que interpretará o actor galego Xosé Esperante

O actor participou en películas como “Mar adentro” e en series de televisión como “Cóntame como pasou” ou “Amar en tempos revoltos”

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra, como cada ano por estas datas, o tradicional concerto da noite de Reis. Nesta ocasión levará a batuta o director galego Diego García Rodríguez. Pola súa parte, o actor Xosé Esperante encargarase de interpretar algunha das obras. A cita terá lugar o vindeiro domingo, día 5, ás 22:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis: O director galego Diego García dirixe a Real Filharmonía de Galicia no tradicional concerto da...

Remata a primeira fase das obras no Pazo de Xelmírez, centradas no acondicionamento da Sala de Armas como sala de exposicións

Instalouse un ascensor, destinado a mellorar a accesibilidade e a comunicación entre as diferentes salas

Ademais, creouse unha nova rede de saneamento para solventar os problemas de humidades

No marco do Plan de Xestión da Catedral de Santiago, impulsado polo Consorcio en colaboración coa Fundación Catedral, acaban de rematar unha serie de actuacións no Pazo de Xelmírez, integrado no conxunto catedralicio. Esta primeira fase das obras, financiadas polo Consorcio cun orzamento global de 272.300 euros, están destinadas a recuperar diversos espazos deste edificio histórico e abrilos ao público.

Ler máis: Remata a primeira fase das obras no Pazo de Xelmírez, centradas no acondicionamento da Sala de...

Conclúe a restauración do retablo da igrexa parroquial de Nemenzo, alterado por ata cinco capas de pintura de épocas diversas

Saen á luz as pinturas orixinais, en especial unha escena sobre a que iría colocado un Cristo do que se descoñecía o seu emprazamento

Cun orzamento de 19.335 euros, as obras rematáronse en catro meses

O Consorcio de Santiago rematou a restauración do retablo da igrexa parroquial de Santa Cristina de Nemenzo, parroquia situada na zona norte do concello compostelán. A xerente do organismo, María Antón, e o concelleiro de Relacións Veciñais e tenente de alcalde, Francisco Noya, visitan mañá domingo o templo -onde ás 13:00 horas se celebrará unha misa- para coñecer in situ os resultados dos traballos. Cun orzamento de 19.335 euros, as actuacións comezaron a finais do pasado mes de xullo. A obra realizouna o restaurador Andrés Martínez Rey, xunto coas restauradoras Cristina Cabodevila e Sandra Domínguez.

Ler máis: Conclúe a restauración do retablo da igrexa parroquial de Nemenzo, alterado por ata cinco capas de...