O sábado todo o día e o domingo pola mañá, novos talleres sobre a muralla de Santiago no Museo das Peregrinacións

Trátase de que nenos de 6 a 12 anos comprendan, a través de xogos, por que noutra época a cidade estaba amurallada e hoxe non

Loitarán con espadas feitas con globos para defender a Catedral

O Consorcio de Santiago continúa coa súa proposta de ofrecer talleres a nenos de entre 6 e 12 anos sobre a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade compostelá. Esta fin de semana repítese esta experiencia, que se está a desenvolver no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías).

Ler máis: O sábado todo o día e o domingo pola mañá, novos talleres sobre a muralla de Santiago no Museo das...

O Consorcio ultima a restauración das pinturas murais do século XVI que apareceron na igrexa de Santa María de Figueiras

Noutra época o templo estivo cuberto de frescos pero a humidade e as intervencións no edificio fixeron que a maioría se perdesen

As que se conservan sacaron á luz os que poderían ser un San Cristóbal e un “Ecce Homo”, entre outras escenas relixiosas

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a restauración e conservación das pinturas murais que saíron á luz na igrexa de Santa María de Figueiras. O seu estado era moi malo pola acción da humidade e, sobre todo, pola repercusión de obras anteriores nos muros do edificio e a aplicación de encalados e cemento sobre a superficie pictórica. Os traballos de restauración, adxudicados á empresa Alfa, teñen un orzamento de 16.651,90 euros. Comezaron en setembro e xa están a piques de rematar.

Ler máis: O Consorcio ultima a restauración das pinturas murais do século XVI que apareceron na igrexa de...

O Consorcio de Santiago aproba os presupostos para o vindeiro ano, que ascenden a 9.717.471,05 euros

Habilitarase unha liña de axudas por valor de 95.000 € para a mellora enerxética e estética dos edificios de titularidade privada

No marco do Plan de Xestión da Catedral, destinaranse 1.427.379 € para continuar co proxecto de restauración das torres

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados na orde do día, o principal foi a aprobación dos presupostos do organismo para o vindeiro ano, que ascenden a 9.717.471,05 euros. A aportación da Administración Xeral do Estado é de 4.795.150 €, o Concello de Santiago achega 1.361.295,28 € e a Xunta de Galicia 3.284.413 €.

Ler máis: O Consorcio de Santiago aproba os presupostos para o vindeiro ano, que ascenden a 9.717.471,05...

Hakan Hardenberger, considerado el mejor trompetista del mundo, dirige esta semana a la Real Filharmonía de Galicia, con la que además interpretará varias obras con la trompeta

La orquesta presenta por primera vez en España el Concierto para trompeta de Haydn, una pieza que representa un gran paso hacia delante en la historia de este instrumento

El jueves se celebra un concierto en Vigo y el viernes en Santiago

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dos conciertos. El primero, el jueves, a las 20:30 horas, en el Centro Cultural de la Fundación Novacaixagalicia de Vigo. Y el viernes, a las 21:00 horas, en el Auditorio de Galicia. En ambas citas la orquesta estará dirigida por Hakan Hardenberger, considerado por los expertos como el mejor trompetista del mundo. Los asistentes a los conciertos tendrán la ocasión, además de contemplarlo con la batuta, de escuchar su virtuosismo con la trompeta.

Ler máis: Hakan Hardenberger, considerado el mejor trompetista del mundo, dirige esta semana a la Real...

Nenos de entre 6 de 12 anos poderán asistir este sábado, no Museo das Peregrinacións, a un taller sobre a antiga muralla que rodeaba Santiago

Con pezas de construción reproducirán un tramo da propia muralla, unha das súas portas e ata a planta da Catedral de Santiago

O Consorcio de Santiago está a organizar no Museo das Peregrinacións e de Santiago  (sede Praza das Praterías) uns talleres sobre a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade compostelá. Esta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 nos, arranca este sábado, día 7, e desenvolverase entre as 16:00 e as 18:00 horas. Todos os interesados poderán inscribirse de xeito gratuíto no propio museo ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Haberá máis talleres nas vindeiras fins de semana de decembro e ata mediados de xaneiro.

Ler máis: Nenos de entre 6 de 12 anos poderán asistir este sábado, no Museo das Peregrinacións, a un taller...