A Real Filharmonía de Galicia mantén acordos de colaboración con catro sociedades filarmónicas galegas

Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol valoran de forma moi satisfactoria esta relación, que permite ampliar a programación de concertos sinfónicos nas respectivas cidades

A Real Filharmonía de Galicia (RFG), no seu afán por achegar ao público galego a súa programación de concertos, mantén acordos de colaboración coas sociedades filarmónicas de Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol. É unha relación satisfactoria e de beneficio mutuo que permite ampliar a programación de concertos sinfónicos e aumentar de xeito notable o número de asistentes aos diferentes recitais, segundo afirman estas veteranas agrupacións musicais.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia mantén acordos de colaboración con catro sociedades filarmónicas...

Ábrese o prazo para participar no Curso de Composición que o compositor Antón García Abril imparte na Escola de Altos Estudos Musicais

Os alumnos interesados poderán inscribirse ata o 7 de xaneiro

Ofértanse un total de 10 prazas para alumnos activos e non hai límite para os oíntes

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago, acaba de abrir o prazo para inscribirse no Curso de Composición, que cada ano imparte o prestixioso compositor e músico aragonés Antón García Abril e que se celebrará durante 2014. O prazo de inscrición remata o 7 de xaneiro.

Ler máis: Ábrese o prazo para participar no Curso de Composición que o compositor Antón García Abril imparte...

Rematan os traballos de iluminación interior da igrexa da Orde Terceira Franciscana, integrada no conxunto do convento de San Francisco

Búscase a posta en valor dos principais elementos arquitectónicos do templo, como os retablos, os coros, as bóvedas e as cúpulas

O presuposto da obra ascendeu a un total de 11.500 euros

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a iluminación interior da igrexa da Orde Terceira Franciscana, integrada no conxunto do convento de San Francisco. Os traballos, que comezaron hai dúas semanas, remataron hoxe mesmo. O presuposto da obra ascendeu a un total de 11.500 euros.

Ler máis: Rematan os traballos de iluminación interior da igrexa da Orde Terceira Franciscana, integrada no...

A soprano catalá Elena Copons, o tenor galego Diego Neira e 150 voces profesionais e de afeccionados uniranse no concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia

Interpretarán unha selección dos fragmentos máis coñecidos do “Mesías” de Haendel, incluído o famoso “Halleluja”

O actor Evaristo Calvo actuará como narrador ao longo de todo o concerto

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra, como cada ano por estas datas, o tradicional concerto de Nadal. Para esta ocasión optouse por un concerto participativo, no que profesionais e afeccionados unirán as súas voces nesta singular experiencia musical. A cita será o vindeiro venres día 20, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o director titular da orquestra, Paul Daniel.

Ler máis: A soprano catalá Elena Copons, o tenor galego Diego Neira e 150 voces profesionais e de...

A principal violonchelista da Orquestra de RTVE e o trompista da Orquestra da BBC impartirán clases aos músicos galegos a vindeira semana

Ás sesións de violonchelo poderán asistir 5 alumnos e ás de trompa un total de 11, na Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.

Ler máis: A principal violonchelista da Orquestra de RTVE e o trompista da Orquestra da BBC impartirán...