A Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe ao cine arxentino no marco de MICAtlántica

Interpretará obras de varias películas, baixo a batuta do propio compositor das banda sonoras, entre elas unha suite de “Eva Perón”

Este mes estase a celebrar en Santiago MICAtlántica, o Mercado de Industrias Culturais Atlánticas. Esta iniciativa está promovida pola Secretaría de Cultura de la Nación Argentina e a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Trátase do primeiro encontro de empresarios arxentinos, españois e portugueses dedicado a desenvolver as industrias culturais de dúas rexións separadas polo océano, co fin de contribuír ao intercambio e ao crecemento dos seus bens e servizos culturais. Participan os sectores das artes escénicas, o audiovisual, deseño e artesanía, editorial, música e videoxogos.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe ao cine arxentino no marco de MICAtlántica

O Consorcio de Santiago inaugura esta tarde no Museo das Peregrinacións a exposición “Os milagres do Apóstolo Santiago”

22 pinturas de Antón García Patiño, unha talla flamenca de Santiago Peregrino, o cortavento da Porta Santa de Leiro e un facsímile do Códice Calixtino conforman a mostra

A exposición “Os milagres do Apóstolo Santiago”, organizada polo Consorcio de Santiago, inclúe vinte e dúas pinturas do artista coruñés Antón García Patiño (1932-2010), unha talla en madeira policromada de Santiago Peregrino do século XVI, o cortavento da Porta Santa, obra de Francisco Leiro en 1993, e unha edición facsímile do Códice Calixtino.

Ler máis: O Consorcio de Santiago inaugura esta tarde no Museo das Peregrinacións a exposición “Os milagres...

Mañá entrégase o premio da XII Bienal Española de Arquitectura á nova sede do Museo das Peregrinacións, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto e promovida polo Consorcio de Santiago

A reconversión do antigo Banco de España en museo foi premiada como exemplo de reconversión e reutilización dun edificio

A Casa do Cabido foi seleccionada entre as 166 mellores obras

A rehabilitación do antigo Banco de España como sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago foi galardoada na última edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, correspondente ao bienio 2011-2012. Os premios entréganse mañá xoves no Centro de Creación Contemporánea “Matadero” de Madrid, ás 18:30 horas. Coincidindo coa entrega dos galardóns, inaugúrase unha exposición itinerante con todas as obras premiadas. O certame é unha iniciativa do Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo; en colaboración co Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. A xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, asistirá en compañía de Pablo Gallego Picard -en representación do autor- para recoller o premio.

Ler máis: Mañá entrégase o premio da XII Bienal Española de Arquitectura á nova sede do Museo das...

Aparece o resto dunha lápida antiga na cornixa da fachada da igrexa do Convento de San Francisco

Os traballos de limpeza están a desvelar aspectos curiosos como que o grupo escultórico que representa ao santo estaba policromado

Ademais dos problemas de humidade, os excrementos de pomba están a facer moito dano ao conxunto

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a limpeza da fachada principal da igrexa do Convento de San Francisco, de finais do século XVIII. A intervención céntrase na eliminación de humidades, plantas, mofos e algas, así como da sucidade provocada polo excremento das pombas. As obras, adxudicadas á empresa Techné, teñen un orzamento de 62.547,55 euros. Os traballos comezaron en setembro deste ano e está previsto que rematen no mes de decembro.

Ler máis: Aparece o resto dunha lápida antiga na cornixa da fachada da igrexa do Convento de San Francisco

La Real Filharmonía de Galicia se enfrenta al reto de interpretar dos complejas obras de Brahms, acompañada por el coro Capela Compostelana

Los expertos opinan que el idioma alemán contiene combinaciones de consonantes difíciles de trabajar en el canto

Mañana se celebra un concierto en Vigo y el jueves en Santiago

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dos conciertos. El primero, mañana miércoles, día 13, a las 20:30 horas, en el Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo. Y el jueves, a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. El coro Capela Compostelana, considerado uno de los principales instrumentos corales de Santiago, acompañará a la orquesta en el difícil reto de interpretar a Brahms. Además, una obra de Sibelius completará estas veladas musicales, bajo la batuta del director Paul Daniel.

Ler máis: La Real Filharmonía de Galicia se enfrenta al reto de interpretar dos complejas obras de Brahms,...