Un libro sobre a orixe de Santiago, a primeira cidade galega, destaca que no século XII xa ocupaba unha superficie de 30 hectáreas

O autor logrou reunir 20.000 documentos da Idade Media, repartidos na actualidade en máis de 600 unidades arquivísticas

O Consorcio e a USC presentan unha nova edición revisada de La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, do historiador Fernando López Alsina

O Consorcio e a Universidade de Santiago acaban de publicar a segunda edición revisada do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, de Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC. O vindeiro martes, 28 de xaneiro, o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares, presentarán a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), ás 19:00 horas.

Ler máis: Un libro sobre a orixe de Santiago, a primeira cidade galega, destaca que no século XII xa ocupaba...

Conclúe a restauración do relevo situado na fachada do Mosteiro de San Paio coñecido como “a Borriquiña”, que recuperou a súa policromía

As cores estaban ocultas por unha capa de pintura de baixa calidade e de imitación a pedra, que ocupaba case toda a superficie do relevo

Incorporáronse pezas perdidas que caeran e que custodiaban as monxas, como a man e a vara de San Xosé ou a coroa do Neno

O Consorcio de Santiago promoveu a restauración do relevo situado na fachada do Mosteiro de San Paio de Antealtares, na actualidade convento de relixiosas de clausura da orde beneditina. Os traballos, coordinados pola Oficina Técnica deste organismo, buscaban recuperar a autenticidade da obra e garantir a súa conservación futura. Adxudicáronse á empresa Renovatio, dedicada á conservación do patrimonio artístico. Cun orzamento global de 26.843,03 euros, realizouse a limpeza integral do conxunto, a reparación de pezas rotas e a recuperación da súa policromía.

Ler máis: Conclúe a restauración do relevo situado na fachada do Mosteiro de San Paio coñecido como “a...

Conclúe a restauración das reixas de sete ventás do Mosteiro de San Paio de Antealtares, que presentaban problemas de oxidación

A oxidación provocara, ademais, roturas nas pedras de soporte

O orzamento global dos traballos, nos que interviron ferreiros, canteiros, carpinteiros e restauradores, ascendeu a 34.999,25 euros

O Consorcio de Santiago promoveu a restauración das reixas de varias ventás do Mosteiro de San Paio de Antealtares. Trátase en concreto de sete ventás da torre sueste, coñecida como a “torre da Borriquita” por estar enriba do popular retablo pétreo. Os traballos, dirixidos polo arquitecto compostelán Iago Seara e adxudicados á empresa DICSA, estiveron coordinados pola Oficina Técnica do Consorcio. No seu desenvolvemento participaron ferreiros, canteiros, carpinteiros e restauradores. O orzamento global desta intervención ascendeu a 34.999,25 euros.

Ler máis: Conclúe a restauración das reixas de sete ventás do Mosteiro de San Paio de Antealtares, que...

El prestigioso director alemán Günther Herbig lleva esta semana la batuta de la Real Filharmonía de Galicia

La orquesta presenta obras de Weber, Haydn y Schumann

El miércoles se celebra un concierto en Vigo y el jueves en Santiago

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dos conciertos. El primero, el miércoles, a las 20:30 horas, en el Centro Cultural de la Fundación Novacaixagalicia de Vigo. Y el jueves en Santiago, a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. En ambas citas la orquesta estará dirigida por el maestro alemán Günther Herbig.

Ler máis: El prestigioso director alemán Günther Herbig lleva esta semana la batuta de la Real Filharmonía...

Músicos da Real Filharmonía de Galicia e 53 alumnos do Conservatorio de Santiago celebran este venres dous concertos didácticos para colexios

E o sábado darán un recital dirixido ás familias

Dirixidos polo galego Diego García Rodríguez, interpretarán, entre outras, unha peza do Crebanoces de Tchaikovsky

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de concertos conxuntos entre músicos da orquestra e xoves alumnos do Conservatorio, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Este venres darán dous recitais didácticos para estudantes de primaria e secundaria, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no  Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, ofrecerán outro concerto, nesta ocasión dirixido ao público en xeral, en particular ás familias.

Ler máis: Músicos da Real Filharmonía de Galicia e 53 alumnos do Conservatorio de Santiago celebran este...