O Consorcio de Santiago inicia a restauración do retablo pétreo da fachada principal do Convento das Madres Mercedarias

O principal problema radica na retención da humidade debido ao mal estado das cornixas

Cun orzamento de 19.904,50 euros, as obras estarán rematadas en tres meses

O Consorcio de Santiago está a iniciar os traballos de restauración do retablo pétreo da fachada principal do Convento das Madres Mercedarias. As obras adxudicáronse á empresa Tomos, centrada na conservación e restauración arqueolóxica. O equipo técnico está integrado por tres restauradores, que contarán coa colaboración puntual dalgún canteiro. Está previsto que os traballos, que dispoñen dun orzamento de 19.904,50 euros, estean rematados en tres meses.

Ler máis: O Consorcio de Santiago inicia a restauración do retablo pétreo da fachada principal do Convento...

A restauración das varandas do Pazo de Raxoi, do século XVIII, están a sacar á luz curiosidades como que algunhas da reixas proceden da Catedral de Santiago

Durante os traballos apareceu o selo do ferreiro orixinal da época, xa que daquela marcábanse as pezas para logo cobralas

Catro ferreiros están a recuperar de xeito tradicional todos os elementos decorativos, que se recubrirán de pan de ouro

O Consorcio de Santiago iniciou en setembro a restauración das varandas de forxa das ventás e dos balcóns da fachada principal do Pazo de Raxoi, sede do Concello. As obras adxudicáronse á construtora Desarrolla e os traballos estanos a realizar catro ferreiros especializados en forxa artística. Ademais da intervención no edificio, desmontáronse algúns balcóns para recuperalos no taller, onde tamén se están a elaborar de novo as follas, motivos decorativos e pezas diversas que estaban moi deterioradas. Está previsto que os traballos, que contan cun orzamento de 85.147,29 euros, rematen a finais deste mes. O proxecto está redactado e dirixido por arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio.

Ler máis: A restauración das varandas do Pazo de Raxoi, do século XVIII, están a sacar á luz curiosidades...

A Escola de Altos Estudos Musicais celebra unha clase maxistral de frauta

O prestixioso frautista italiano Davide Formisano móstralles aos alumnos o seu virtuosismo con este instrumento

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.

Ler máis: A Escola de Altos Estudos Musicais celebra unha clase maxistral de frauta

La Real Filharmonía de Galicia interpreta mañana jueves la banda sonora de las películas Muerte en Venecia y Un perro andaluz

El pianista Claudio Martínez Mehner interpretará una obra de Nino Rota, ganador de un Óscar por la música de El Padrino

El concierto está programado en el marco del festival Cineuropa

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra mañana jueves, día 7, a las 21:00 horas, su concierto semanal en el Auditorio de Galicia con un homenaje al cine. En el marco del festival Cineuropa y bajo la batuta del director compostelano Maximino Zumalave, la orquesta interpretará la banda sonora de dos películas ya clásicas en el ámbito nacional e internacional: Muerte en Venecia y Un perro andaluz.

Ler máis: La Real Filharmonía de Galicia interpreta mañana jueves la banda sonora de las películas Muerte en...

O Consorcio de Santiago inicia os traballos de reforma da capela de San Roque, situada na parroquia de Sabugueira, na Lavacolla

A estrutura de madeira que suxeita o teito do soportal está moi deformada e a cuberta ten moitas tellas rotas

Cun orzamento de 20.570 euros, as obras terán unha duración estimada de tres meses

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de poñer en marcha os traballos de reforma do atrio ou soportal da capela de San Roque, situada na parroquia de Sabugueira, na Lavacolla. Cun orzamento de 20.570 euros, estímase que as obras terán unha duración de tres meses. A capela é de traza barroca, de finais do século XVIII,  e está no traxecto do Camiño Francés.

Ler máis: O Consorcio de Santiago inicia os traballos de reforma da capela de San Roque, situada na...