Galicia é a quinta comunidade en número de prazas no programa de termalismo social do Imserso, cun total de 17.234, repartidas en 17 balnearios

termalismo_social_webOs usuarios reciben tratamentos para combater a reuma, a artrose, as afeccións dos aparatos respiratorio e dixestivo, os problemas renais, da pel e os trastornos nerviosos

O 16 de xaneiro remata o prazo para a presentación de solicitudes para as quendas de febreiro a agosto

A Asociación de Balnearios de Galicia está a colaborar na difusión do programa de termalismo social do Imserso -Instituto de Maiores e Servizos Sociais-, dependente ata agora do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Este programa vai dirixido a pensionistas maiores de sesenta anos e a tódolos pensionistas de xubilación e invalidez que precisen os tratamentos termais que proporcionan os balnearios, xunto cos seus cónxuxes.

Ler máis: Galicia é a quinta comunidade en número de prazas no programa de termalismo social do Imserso, cun...

Os clústeres termal e alimentario de Galicia deseñarán rutas turísticas que unirán a gastronomía galega coa oferta de balnearios e talasos

xornada_webEsta tarde asinaron un convenio no marco dunha xornada na que se analizaron as novas oportunidades de negocio que xurdirán da colaboración entre os dous sectores

Tamén se tratou a utilización dos alimentos como base de novos produtos destinados ó coidado persoal e da saúde

Esta tarde celebrouse na Coruña, no complexo Termaria-Casa del Agua, unha xornada sobre novas oportunidades de negocio para o sector alimentario vencelladas ó termalismo, organizada pola Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL- e o Clúster Alimentario de Galicia -CLUSAGA-. No marco deste encontro, ambas entidades asinaron un convenio de colaboración para potenciar a competitividade dos dous sectores.

Ler máis: Os clústeres termal e alimentario de Galicia deseñarán rutas turísticas que unirán a gastronomía...

O clúster termal galego realizará estudos para identificar novas posiblidades de aplicación das propiedades das augas minerais en relación coa saúde, o benestar, a cosmética e a alimentación

aeitegal1_webEstá integrado por balnearios, talasos, envasadoras de augas minerais, axencias maioristas, entes de promoción e provedores de produtos e servizos, xunto coa Administración

A Escola Galega de Administración Pública -EGAP- acolleu esta mañá en Santiago un encontro do sector termal galego, promovido pola Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL- Durante o evento, que inauguraron a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o director da EGAP, Pablo Figueroa, destacouse a importancia dos clústeres turísticos, na medida en que a acción coordinada de tódolos axentes do sector contribúe a satisfacer de xeito máis pleno aos visitantes.

Ler máis: O clúster termal galego realizará estudos para identificar novas posiblidades de aplicación das...

O vicepresidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces, recibe o premio da Cámara Mineira pola súa traxectoria profesional

garaloces_webAsegura que “lograremos saír desta crise”, tal como o fixo o sector nos anos oitenta, cando os balnearios non eran rendibles e só abrían no verán

A Cámara Oficial Mineira de Galicia celebra mañá xoves o día da súa patroa. No marco desta conmemoración fará entrega dos Premios Santa Bárbara, que cumpren a súa quinta edición. O acto terá lugar no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, ás 17:00 horas.

Ler máis: O vicepresidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces, recibe o premio da...

A Asociación de Balnearios de Galicia incorpora un novo socio, co que representa a máis do 95% do sector, cun total de 21 balnearios, 3.000 prazas hoteleiras e 1.400 postos de traballo

asemblea_balnearios_webO balneario de Compostela, en Brión, contribúe a reforzar o liderado do termalismo galego no eido nacional

A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou esta mañá unha asemblea xeral ordinaria no balneario de Compostela, situado no concello coruñés de Brión. Á xuntanza asistiron representantes de tódolos balnearios asociados, ademais do presidente da entidade, Rafael Luaña de la Viña, e o seu xerente, Benigno Amor Barreiro. Entre os acordos tomados pola asemblea destaca a adhesión do balneario de Compostela.

Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia incorpora un novo socio, co que representa a máis do 95% do...