Os establecementos termais integrados na Asociación de Balnearios de Galicia lanzan ofertas e programas especiais para a Ponte da Constitución

piscina_webDende a entidade prevén unha elevada ocupación nos balnearios galegos para estes días de descanso

A Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas boas taxas de ocupación para a Ponte da Constitución. Dende o organismo aseguran que na actualidade boa parte dos balnearios galegos xa teñen as súas reservas case ao completo.

Ler máis: Os establecementos termais integrados na Asociación de Balnearios de Galicia lanzan ofertas e...

O clúster termal galego presenta en Perú as potencialidades das augas minerais e termais de Galicia, primeira comunidade en turismo de saúde en España

aeitegal_peru_webAs actividades empresariais vencelladas a este sector en Galicia xeran 600 millóns de euros anuais e supoñen 5.000 empregos directos

A Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL- e a Asociación de Balnearios de Galicia están presentes na Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia”, que este ano se celebra en Perú entre os días 27 e 30 de setembro. Durante o evento estase a poñer de manifesto que Galicia é unha das principais rexións de Europa en augas mineiromedicinais, recurso que xa consolidou á comunidade galega como destino turístico de referencia en España.

Ler máis: O clúster termal galego presenta en Perú as potencialidades das augas minerais e termais de...

As persoas maiores interesadas en participar no Programa Benestar en Balnearios, que este ano ofrece 720 prazas, poden solicitado antes do 27 de xullo

balneario_pisicina_webColaboran balnearios das catro provincias, que ofrecen unha estadía de dez días a un prezo de entre 310 e 390 euros

Nesta edición elimínase o requisito relativo á renda, que ata agora non podía superar os 763,60 euros mensuais

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vén de modificar os prazos e os requisitos para participar no Programa de Benestar en Balnearios que impulsa este organismo. Con esta iniciativa, que se enmarca dentro do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013, preténdese contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, lecer e tratamento termal.

Ler máis: As persoas maiores interesadas en participar no Programa Benestar en Balnearios, que este ano...

As persoas maiores interesadas en participar no Programa Benestar en Balnearios, que este ano ofrece 720 prazas, poden solicitado antes do 27 de xullo

Colaboran balnearios das catro provincias, que ofrecen unha estadía de dez días a un prezo de entre 310 e 390 euros

Nesta edición elimínase o requisito relativo á renda, que ata agora non podía superar os 763,60 euros mensuais

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vén de modificar os prazos e os requisitos para participar no Programa de Benestar en Balnearios que impulsa este organismo. Con esta iniciativa, que se enmarca dentro do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013, preténdese contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, lecer e tratamento termal.

Ler máis: As persoas maiores interesadas en participar no Programa Benestar en Balnearios, que este ano...

A Asociación de Balnearios de Galicia potenciará a vixilancia para garantir o cumprimento da normativa que se aplica no sector

asemblea_cuntis_webContinuára coa formación de futuros médicos no campo da hidroloxía médica, de cara a potenciar o valor terapéutico das augas mineiromedicinais e reducir así o gasto farmacéutico

A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea anual. A Xunta Directiva está integrada por Rafael Luaña de la Viña, de Caldaria Termal, que é o presidente; Antonio Garaloces Paz, de Termas de Lugo, vicepresidente; José Ramón Fernández López, do balneario de Carballo, secretario-tesoureiro; Ana Rodríguez Ruíz, de Caldelas de Tui, vogal; xunto co xerente, Benigno Amor Barreiro. A xuntanza tivo lugar no balneario Termas de Cuntis.

Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia potenciará a vixilancia para garantir o cumprimento da...