A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago aborda os efectos beneficiosos da balneoterapia aplicada aos procesos tumorais

balnearios_webOs tratamentos termais axudan a loitar contra a fatiga, alivian as náuseas, diminúen a dor, o estrés, a ansiedade e a depresión que sofren os pacientes con cancro

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e Balnearios de Galicia vai celebrar esta semana unhas xornadas de investigación no eido da balneoterapia. O ciclo de conferencias inaugúrase mañá mércores na Facultade de Medicina da USC e prolongarase ata o vindeiro venres, 3 de decembro. O último día a xornada desenvolverase no balneario Termas de Cuntis.

 

Ler máis: A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago aborda os efectos beneficiosos da...

O sector termal galego reuniuse esta mañá na illa da Toxa para celebrar o 25 aniversario da Asociación de Balnearios de Galicia

Garaloces_webOs 20 balnearios integrados na Asociación ofrecen 2.744 prazas hostaleiras, facturan 67 millóns de euros e xeran 1.350 postos de traballo directos

A Asociación de Balnearios de Galicia creouse no ano 1985. Con motivo do seu 25 aniversario, esta mañá celebrouse un acto na illa da Toxa, no Gran Hotel La Toja, no que se rendeu homenaxe aos socios fundadores. Entre as autoridades asistentes destacou a presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López; e a secretaria xeral da consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos.

 

Ler máis: O sector termal galego reuniuse esta mañá na illa da Toxa para celebrar o 25 aniversario da...

Expertos reunidos en Mondariz destacan que Galicia está a vivir unha etapa de rexurdimento e popularización dos balnearios, debido á súa modernización e á variedade das augas minerais

PALACIO_DEL_AGUAO presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, declarou que a emigración galega supuxo “un dos fenómenos máis influíntes no progreso dos balnearios”

O Balneario de Mondariz clausura esta tarde o encontro “Revisando o pasado para reinventar o futuro: o turismo termal de Galicia en perspectiva histórica, 1800-2010”, que se vén desenvolvendo dende o luns. O evento está promovido pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en colaboración coa Asociación de Balnearios de Galicia e o Balneario de Mondariz.

 

Ler máis: Expertos reunidos en Mondariz destacan que Galicia está a vivir unha etapa de rexurdimento e...

A Asociación de Balnearios de Galicia celebra o seu 25 aniversario cun acto no que se homenaxeará aos socios fundadores

gran_hotel_latoja_webO evento, que terá lugar o vindeiro 27 de novembro na illa da Toxa, reunirá a representantes dos establecementos balnearios de toda a comunidade

A Asociación de Balnearios de Galicia, que se creou en 1985, celebra este ano o seu 25 aniversario. Con motivo desta conmemoración, organizarase un acto no que se renderá homenaxe aos socios fundadores. Será o vindeiro sábado 27 de novembro, na illa da Toxa, no Gran Hotel La Toja.

 

Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia celebra o seu 25 aniversario cun acto no que se homenaxeará...

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo abordará a vindeira semana no balneario de Mondariz a importancia histórica do turismo termal en Galicia

Balneario_Mondariz_webA secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentará o encontro, que reunirá a investigadores nacionais e internacionais, médicos, arquitectos e profesionais do sector termal

O Balneario de Mondariz acollerá dende o luns e ata o mércores da vindeira semana un encontro no que se abordará a evolución do turismo termal de Galicia dende o ano 1800 ata a actualidade. É unha iniciativa promovida pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na que colabora tamén a Asociación de Balnearios de Galicia.

 

Ler máis: A Universidade Internacional Menéndez Pelayo abordará a vindeira semana no balneario de Mondariz a...