Os estudantes de FP poderán completar a súa formación nas instalacións dos balnearios, de cara a favorecer a súa inserción laboral

23_7_10_balnearios_webA Asociación de Balnearios de Galicia asinou esta mañá un convenio coa Consellería de Educación

Con este acordo contribuirase á creación de novas empresas vinculadas ao termalismo na comunidade

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Rafael Luaña de la Viña, asinaron esta mañá un convenio destinado á colaboración educativa no marco das ensinanzas de Formación Profesional. Tamén asistiron o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, e o xerente da Asociación de Balnearios, Benigno Amor Barreiro. A sinatura tivo lugar no hotel balneario de Laias, no concello ourensán de Cenlle.

 

Ler máis: Os estudantes de FP poderán completar a súa formación nas instalacións dos balnearios, de cara a...

Galicia presenta en León el Xacobeo Termal

Leon_vlcLa Xunta de Galicia y la Asociación de Balnearios de Galicia han presentado esta mañana en León el Xacobeo Termal, una iniciativa pensada para “difundir las rutas jacobeas y las bondades de las aguas minero-medicinales”. En esta línea han diseñado Balnearios de Galicia, un descanso en los Caminos, un producto turístico especialmente pensado para los Caminos de Santiago en este año jubilar.

 

Ler máis: Galicia presenta en León el Xacobeo Termal

Nace a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia integrada por balnearios, augas minerais e talasos

Antonio Garaloces, María Antón e Pedro Figueroa
A  Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia –AEITEGAL– celebrou esta mañá en Santiago a súa asemblea constituínte na que se elixiu xunta directiva e se aprobaron o plan director e 56 proxectos. Impulsada pola Asociación Balnearios de Galicia e a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, AEITEGAL está formada por 57 entidades entre privadas e públicas. Balnearios, augas minerais naturais, talasos e axencias de vaixes, ademais doutras empresas provedoras do sector como hostelería, arquitectura e consultorías nutren o novo clúster termal galego, que ten por obxecto “sumar esforzos e sensibilidades e aproveitar as sinerxias” para mellorar a competitividade dende a perspectiva do “crecemento sostible”, segundo explicou o seu presidente electo, Antonio Garaloces. A AEITEGAL tamén incorpora con distintas formas de colaboración a consellerías e outros organismos da Xunta de Galicia e ás tres universidades galegas, como socios institucionais destacados.

 

Ler máis: Nace a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia integrada por balnearios, augas...