- Detalles
-
Categoría: Balnearios de Galicia
-
Published: Domingo, 29 Abril 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 568
Reducen os síntomas recurrentes propios da sinusite, rinite, otite, bronquite, dermatite, psoriase, artrose, lumbalxia ou artrite
A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia celebra un curso centrado nas propiedades destas augas
No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, estes días estase a celebrar na facultade de Medicina da USC un curso centrado nas propiedades salutíferas das augas sulfuradas. Ademais das clases teóricas, os alumnos teñen a oportunidade de realizaren sesións prácticas en instalacións termais de toda a comunidade. A maior parte dos balnearios galegos teñen este tipo de augas, con características moi beneficiosas para a saúde.
Ler máis: Os balnearios galegos son ricos en augas sulfuradas, cuxas propiedades melloran a calidade de vida...
- Detalles
-
Categoría: Balnearios de Galicia
-
Published: Mércores, 25 Xaneiro 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 718
O presidente da Academia, o doutor Carro, asegura que os balnearios galegos son unha potencia aínda por desenvolver como centros de rehabilitación do aparato locomotor
A primeira medalla de Balnearios recibiuna hai doce anos Manuel Fraga, pola súa axuda ao sector termal galego
A Asociación de Balnearios de Galicia fará entrega da súa Insignia de Ouro á Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Será no marco dun acto que terá lugar mañá venres, con motivo da inauguración do curso académico da entidade médica e das celebracións do seu 180 aniversario. O evento desenvolverase no salón de actos da Academia, situada na cidade da Coruña (Rúa Durán Loriga, 10), ás 19:30 horas. O discurso inaugural do curso impartirao o doutor Luís Rodríguez Míguez, académico numerario e codirector da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia.
Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia entrega a súa Insignia de Ouro á Real Academia de Medicina...