Balnearios e talasos galegos únense no proxecto Turismo Termal Familiar, unha iniciativa pioneira especializada nas familias con nenos de 3 a 12 anos

rueda_ttf_webAdemais dos circuítos termais, as familias poderán realizar actividades fóra dos establecementos como visitas culturais, de natureza, turismo activo, de lecer ou gastronómico

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do proxecto Turismo Termal Familiar. É unha iniciativa novidosa promovida pola AEITEGAL, a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, que conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e de Segittur. O acto estivo presidido pola directora da Axencia, Nava Castro. Asistiron, ademais, Beatriz González, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura; Benigno Amor, secretario tesoureiro da AEITEGAL; xunto cos representantes dos balnearios e talasos participantes.

Galicia forma a futuros médicos especializados na cura termal, xa que o envellecemento da poboación, o predominio das enfermidades crónicas e o estrés requiren expertos neste eido

inauguracion_wEsta tarde inaugurouse en Santiago o curso académico da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia

O profesor Míguez lembra que o médico do emperador romano Augusto curouno dunha hepatite con auga mineral

O curso da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e Balnearios de Galicia inaugurouse esta tarde no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC. Ao acto asistiron o director da Cátedra e decano da facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; xunto con directores médicos de diferentes establecementos termais da comunidade.

Ler máis: Galicia forma a futuros médicos especializados na cura termal, xa que o envellecemento da...

Os balnearios galegos reúnen a súa oferta termal nunha páxina web, na que se recollen todos os beneficios terapéuticos das súas augas

pantallazo_balneariosRafael Luaña, presidente de Balnearios de Galicia: “Para que non perdamos o liderado do termalismo en España, cómpre unha maior promoción dos nosos balnearios no mercado nacional e europeo”

A Asociación de Balnearios de Galicia acaba de publicar unha nova páxina web, na que se reúne a oferta dos principais establecementos termais da comunidade. Recóllese o tipo de augas mineiromedicinais que posúe cada balneario, as súas indicacións terapéuticas para o tratamento de certas doezas e afeccións, así como os programas e os servizos hoteleiros de que dispoñen. Ademais da oferta termal, os usuarios teñen a oportunidade de achegarse a través da web ao contorno no que se sitúa cada balneario e ás posibilidades que lle ofrece ao visitante.

Ler máis: Os balnearios galegos reúnen a súa oferta termal nunha páxina web, na que se recollen todos os...

A Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e Balnearios de Galicia traballa nunha base de datos de pacientes que reciben tratamentos en instalacións termais

hidroloxia_webTrátase de coñecer as principais patoloxías que se atenden neste eido e os procedementos terapéuticos que se aplican

A Cátedra forma cada ano a máis dun centenar de futuros médicos expertos en hidroloxía médica

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia leva dende 2009 formando a futuros médicos neste eido, algo máis dun centenar cada curso. Ademais das clases teóricas, os alumnos teñen a oportunidade de realizar prácticas en balnearios, o que lles permite coñecer como os facultativos dos establecementos termais aplican diferentes técnicas para o tratamento de enfermidades e doenzas diversas.

Ler máis: A Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e Balnearios de Galicia traballa nunha base de datos de...

Os balnearios e talasos galegos presentan en París as súas ofertas para os visitantes franceses

folleto_webO Clúster Turístico Termal de Galicia participa estes días en Thermalies, a feira do sector que se celebra cada ano en Francia

A Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL- está a participar estes días en Thermalies, a feira internacional de termalismo que cada ano se celebra en Francia. O salón estase a desenvolver en París, dende o 24 ata o 27 deste mes. Durante o evento diversos balnearios e talasos galegos están a presentar as súas ofertas especiais dirixidas aos visitantes franceses.

Ler máis: Os balnearios e talasos galegos presentan en París as súas ofertas para os visitantes franceses