A Real Filharmonía de Galicia toca esta semana unha peza do compositor galego Fernando Buide, inspirada en obras de Petronio e de Federico Fellini

Tamén interpretará a obertura de “Romeo e Xulieta” de Chaikovski e a “Sinfonía nº 5” de Mendelssohn

A orquestra ofrecerá un concerto en Santiago e outro en Pontevedra, dirixida polo mestre santanderino Jaime Martín

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O mércores día 11 a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E o xoves 12 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director santanderino Jaime Martín.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia toca esta semana unha peza do compositor galego Fernando Buide,...

O oboísta onubense Lucas Macías toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Vigo

A orquestra interpretará obras de grandes compositores como Haydn, Bach, Zimmermann e Beethoven

Levará a batuta o director alemán Clemens Schuldt

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves día 5 a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E o venres 6 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director alemán Clemens Schuldt, un dos talentos emerxentes máis destacado do seu país.

Ler máis: O oboísta onubense Lucas Macías toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos seus...

O oboísta andaluz Lucas Macías formará neste instrumento a varios músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

É profesor da Escola de Música de Freiburg, en Alemaña

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do oboísta andaluz Lucas Macías. Ademais dos alumnos da Escola, hai tres prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis: O oboísta andaluz Lucas Macías formará neste instrumento a varios músicos galegos na Escola de...

O Consorcio de Santiago promove a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas en 17 inmobles da cidade histórica

O importe total das subvencións para estas melloras ascende a 77.081,63 euros, cunha media de 4.535 euros por intervención

O Consorcio de Santiago está a destinar un total de 77.081,63 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas en inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Acaban de comezar varias das obras, que se van levar a cabo en 17 inmobles, cunha media de 4.535 euros de axuda por intervención. Con esta iniciativa búscase optimizar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, ademais de mellorar o seu illamento acústico fronte ao ruido aéreo da rúa.

Ler máis: O Consorcio de Santiago promove a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas en 17...

O violoncellista granadino Guillermo Pastrana toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Ferrol

A orquestra interpretará obras de Elgar, Schumann e Haydn

Levará a batuta o director titular da agrupación, Paul Daniel

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O mércores día 28 a orquestra desprazarase a Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. E o xoves 29 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Ler máis: O violoncellista granadino Guillermo Pastrana toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos...