Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto esta tarde na Fundación Camilo José Cela, dirixidos por Maximino Zumalave

Péchanse os actos conmemorativos do 25 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego

A Fundación Camilo José Cela está a conmemorar o 25 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego. Esta tarde culminan en Padrón os actos que se veñen celebrando dende hai varios meses. No marco do evento, que comezará ás 20:00 horas, os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, porán o broche final cun pequeno concerto.

Ler máis: Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto esta tarde na Fundación Camilo...

Un estudo cataloga e analiza por primeira vez todas as marcas de cantería que se conservan nas primeiras fases construtivas da Catedral de Santiago, máis de 2.300

A través destas marcas descubriuse que nos inicios da súa construción  traballaban no templo 50 canteiros, xunto con escravos musulmáns e mulleres

O libro que recolle os resultados desta investigación preséntase esta tarde no Museo das Peregrinacións e de Santiago

En el principio: Génesis de la Catedral Románica de Santiago de Compostela é unha obra dirixida por José Luis Senra, profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid. Está coeditada polo Consorcio de Santiago, Teófilo Edicións e a Fundación Catedral de Santiago. Preséntase esta tarde, ás 19:30 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías). Asistirán, xunto co autor, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; o editor José Luis Teófilo; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo; e o responsable de publicacións do Consorcio, Juan Conde.

Ler máis: Un estudo cataloga e analiza por primeira vez todas as marcas de cantería que se conservan nas...

Comezan as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da fachada e na eliminación das humidades

Con estes traballos resolveranse os problemas de crecemento de plantas e a entrada de auga a través das xuntas da pedra 

A intervención, que podería estar rematada en tres meses, ten un orzamento global de 49.292,40 euros

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de iniciar as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da súa fachada. Os traballos, adxudicados á empresa TRYCSA, poderían estar rematados en tres meses. O orzamento global da intervención ascende aos 49.292,40 euros.

Ler máis: Comezan as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da fachada e na eliminación das...

A violoncellista principal de Radio Televisión Española formará neste instrumento a nove músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

Suzana Stefanovic, de orixe iugoslava, toca un violoncello de 1827

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza de Suzana Stefanovic, violoncellista principal de Radio Televisión Española. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense nove prazas para músicos externos ao centro.  

Ler máis: A violoncellista principal de Radio Televisión Española formará neste instrumento a nove músicos...

Rapaces de 6 a 12 anos ofrecerán a súa visión particular da cidade de Santiago a través da pintura e a fotografía

Esta fin de semana celebraranse tres novos obradoiros no Museo das Peregrinacións e de Santiago, o sábado todo o día e o domingo pola mañá 

O Consorcio de Santiago promove esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles, pensado para que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela, ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. 

Ler máis: Rapaces de 6 a 12 anos ofrecerán a súa visión particular da cidade de Santiago a través da pintura...