A Escola de Altos Estudos Musicais acolle unha exposición de instrumentos de vento fabricados en España nos últimos 30 anos

A mostra, que reúne diferentes modelos de trompetas, trombóns e trompas, poderá visitarse este mércores

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, acolle este mércores, 17 de decembro, unha exposición de instrumentos musicais. Trátase dunha mostra de instrumentos de vento-metal, en particular de diferentes modelos de trompetas, trombóns e trompas que fabrica a familia Stomvi en Valencia dende fai trinta anos e que este ano celebra o seu 30 aniversario.

Ler máis: A Escola de Altos Estudos Musicais acolle unha exposición de instrumentos de vento fabricados en...

O Consorcio de Santiago inicia as obras de renovación da cuberta do Convento do Carme, pola que se filtra a auga da chuvia

Os traballos, cun orzamento de 104.266,12 euros, estímase que estean rematados no prazo de catro meses

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a terceira fase da intervención no Convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara. As obras, cun orzamento de 104.266,12 euros, foron adxudicadas á empresa Elecnor, S.A. e estímase que estean rematadas no prazo de catro meses. Centraranse na renovación da cuberta, en particular na substitución das placas de fibrocemento e da tella existente. 

Ler máis: O Consorcio de Santiago inicia as obras de renovación da cuberta do Convento do Carme, pola que se...

O trompetista da Orquesta Filarmónica de Málaga formará neste instrumento a doce músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

Os aspirantes deberán estar cursando como mínimo o penúltimo curso de grao medio de música

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do trompetista de orixe francesa David Llavata, solista da Orquesta Filarmónica de Málaga.  Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense doce prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis: O trompetista da Orquesta Filarmónica de Málaga formará neste instrumento a doce músicos galegos...

Os máis pequenos poderán construír os seus propios instrumentos musicais esta fin de semana no Museo das Peregrinacións

Empregarán materiais reciclados como botellas, pratos, dedais, culleres, garfos, tixolas ou latas

O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegárense á historia da cidade a través de xogos. 

Ler máis: Os máis pequenos poderán construír os seus propios instrumentos musicais esta fin de semana no...

A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres unha selección dos fragmentos máis populares do xa tradicional “O Mesías” de Haendel, entre eles o “Aleluya”

Os músicos estarán acompañados polas voces da soprano Elena Copons, o contratenor Jordi Domènech e o orfeón Terra A Nosa

Ademais, o sábado celebrarase un concerto familiar, no que se contará coa participación de coros e voces individuais procedentes de toda Galicia

A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, un concerto dedicado a O Mesías de Haendel. O vindeiro venres terá lugar a xa tradicional cita con esta obra, ás 21:00 h no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director Edmon Colomer. A orquestra estará acompañada polas voces da soprano Elena Copons, do contratenor Jordi Domènech e do Orfeón Terra A Nosa -que dirixe o mestre Miro Moreira-. O concerto repetirase o sábado para o público familiar, ás 18:30 h, nesta ocasión sen solistas pero coa participación, xunto ao Orfeón Terra A Nosa, de coros e voces individuais de toda Galicia.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres unha selección dos fragmentos máis populares...