Un equipo experto investiga as humidades do enlousado da capela do Cristo de Conxo

Os primeiros datos sinalan puntos críticos no cruceiro e sospéitase que as manchas son por “contaminación de sales”

O Consorcio de Santiago acomete desde decembro un estudo sobre as importantes humidades que sofre a capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo. Un equipo da arquitecta e profesora da ETSA de Madrid Soledad García Morales, que integra aos arquitectos galegos Raquel Otero e Hugo Allegue, fará distintas medicións durante un ano aproximadamente en aras de chegar a un diagnóstico certeiro.

Ler máis: Un equipo experto investiga as humidades do enlousado da capela do Cristo de Conxo

Mañá martes arranca “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos interpretados por alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais

A cita será no auditorio do centro, ás 20:00 horas, e as entradas son gratuítas ata completar aforo

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, pon en marcha unha nova edición de “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos interpretados polos alumnos do Curzo Avanzado de Especialización Orquestral do centro, curso de posgrao recoñecido como título propio da Universidade de Santiago. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

Ler máis: Mañá martes arranca “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos interpretados por alumnos da...

A Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio de Santiago ofrecen un concerto para o público familiar este sábado

Tocarán obras de Beethoven, Schubert, Vaughan Williams, do compositor español Jesús Guridi e do arxentino Ginastera

Músicos da Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, únense para ofrecer un concerto para o público familiar. A cita terá lugar este sábado, ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia. Os xoves músicos teñen así a oportunidade de tocar, ao lado de músicos profesionais, o repertorio propio dunha grande orquestra. Levará a batuta o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG. 

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio de Santiago ofrecen un concerto para o...

O Consorcio de Santiago destinará este ano 150.000 euros en axudas para rehabilitar os elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

A finalidade é mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles, xunto co seu illamento acústico

O Consorcio de Santiago celebrou esta semana Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día destaca a aprobación das bases da convocatoria dunha liña de axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago.

Ler máis: O Consorcio de Santiago destinará este ano 150.000 euros en axudas para rehabilitar os elementos...

A violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento a músicos galegos a vindeira semana

Ofrecerá ademais dous concertos coa Real Filharmonía de Galicia, nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana a afamada violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento tanto aos alumnos da escola como a intérpretes externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis: A violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento a músicos galegos a vindeira semana