José María Montes Navío, novo director técnico da Real Filharmonía de Galicia

Foi responsable da produción artística da Orquestra Sinfónica de Navarra, agrupación á que estivo vencellado durante 25 anos

Montes Navío: “Afronto con mucha ilusión el reto de trabajar en una orquesta de gran reputación por su calidad artística como es la RFG” 

José María Montes Navío acaba de ser nomeado novo director técnico da Real Filharmonía de Galicia (RFG). A finais de agosto de 2014 Oriol Roch, que levaba dez anos ao fronte da formación, solicitou un ano de excedencia no cargo para ocupar o de director xeral da Orquestra Sinfónica de Euskadi, polo que a praza quedou vacante. O Consorcio de Santiago, organismo encargado da xestión da Real Filharmonía, convocou a praza de director técnico con carácter de interinidade, posto para o que se valoraba a experiencia profesional en tarefas de máxima responsabilidade técnica nunha orquestra pública e/ou nunha institución ou organismo público ou privado de índole cultural.

Ler máis: José María Montes Navío, novo director técnico da Real Filharmonía de Galicia

La Real Filharmonía de Galicia ofrecerá tres conciertos en el Festival Musika-Música de Bilbao

Los músicos interpretarán obras de Bach y Haendel, a los que este año se dedica el festival

Llevarán la batuta el maestro británico Christopher Bucknall y el pianista Iván Martín, con la colaboración al oboe de Lucas Macías

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa este fin de semana en el Festival Musika-Música de Bilbao con tres conciertos en el Palacio Euskalduna. La primera cita tendrá lugar el sábado 7, a las 20.30 horas. El domingo día 8 la orquesta ofrecerá dos actuaciones, a las 14.00 y a las 19.00 horas.

Ler máis: La Real Filharmonía de Galicia ofrecerá tres conciertos en el Festival Musika-Música de Bilbao

Ábrese o prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

Diríxese a estudantes de música que desexen perfeccionarse en violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión

Os aspirantes terán que pasar unhas probas de selección, que se celebrarán a finais de xuño

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis: Ábrese o prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos...

O mestre británico Christopher Bucknall dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

A orquestra ofrecerá un concerto en Lugo mañá mércores

Interpretará Música acuática de Haendel e a Sinfonía da Cantata nº 174 de Bach

A Real Filharmonía de Galicia desprazarase esta semana á cidade de Lugo, onde ofrecerá un concerto no Círculo das Artes. A cita musical terá lugar mañá mércores, 4 de marzo, ás 20:30 horas. Nesta ocasión dirixirá a orquestra o mestre británico Christopher Bucknall. Formouse no Lincoln College, en Oxford e na Real Academia de Música do Reino Unido, estudando clavicordio e fortepiano.

Ler máis: O mestre británico Christopher Bucknall dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

A Casa do Cabido acolle unha exposición conmemorativa dos 125 anos da Escola de Arte e Deseño “Mestre Mateo”

Reúne obras das antigas Grecia e Roma, material de traballo e pezas realizadas polos alumnos, entre elas esculturas, deseños de moda e produtos, fotografías, vídeos, arquitectura efémera ou xoias 

O alcalde de Santiago inaugura a mostra esta tarde, ás 19.30 horas

A Casa do Cabido, na Praza das Praterías, acolle esta tarde a inauguración da exposición “CENTO25 sinerxias creativas”, que conmemora os 125 anos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, con sede en Santiago. Ao acto, que comezará ás 19.30 horas, asistirá o alcalde da cidade, Agustín Hernández; o director da escola, Santiago Riande; a profesora da escola e coordinadora desta mostra Concepción Viñas; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; xunto cos alumnos participantes neste proxecto.

Ler máis: A Casa do Cabido acolle unha exposición conmemorativa dos 125 anos da Escola de Arte e Deseño...