A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza mañá un curso de certificación enerxética

certificado_enegetico_casaA entidade abrirá unha bolsa de traballo para que os cidadáns que aluguen ou vendan unha vivenda poidan obter a calificación de eficiencia enerxética que esixe a nova normativa que entrará en vigor o 1 de xuño

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza mañá venres, 31 de maio, un curso básico de certificación enerxética de edificios existentes na súa sede (rúa Federico Tapia, 62-64) entre as 10:00 e as 20:30 horas. O Real Decreto 235/2013 polo que se regula o procedemento básico de certificación enerxética dos edificios entrará en vigor este sábado, 1 de xuño. Esta norma terá como principal misión regular que nos contratos de compravenda ou arrendamentos de edificios ou vivendas sexa necesaria a presentación do certificado de eficiencia enerxética, tanto en edificios novos como nos existentes.

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza mañá un curso de certificación enerxética

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos susbribe un acordo con AJE Coruña para colaborar en materia de emprendemento

ajeOs arquitectos colexiados recibirán asesoramento gratuíto nas oficinas da asociación

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia e a Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE Coruña) asinaron hoxe un convenio de colaboración para o fomento de accións de apoio ao emprendemento. Ao acto de sinatura, que se celebrou na sede colexial, asistiron o presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos, Carlos Pita, e o presidente de AJE Coruña, Óscar Valcuence, ademais do tesoureiro da entidade colexial, Jorge Meijide, e o responsable do comité técnico de AJE, Francisco Rodríguez.

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos susbribe un acordo con AJE Coruña para colaborar...

O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 3.446 vivendas o pasado ano, un 26 por cento menos que en 2011, con actuacións máis pequenas e de menor custo

duarte12Jorge Duarte, decano

“Reivindicamos unha aposta clara e definida polas axudas á rehabilitación por parte das administracións”

Solicita unha Lei do Solo estable e duradeira creada polo consenso das forzas políticas

O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, presentou esta mañá os datos e a publicación sobre a Evolución da actividade de visado de proxectos e estado urbanístico das comarcas e concellos de Galicia, no segundo semestre de 2012 e acumulado do semestre anterior. Os datos de visados axudan a anticipar a actividade construtiva que se pode realizar nun futuro inmediato, xa que representan o número de vivendas que nos próximos meses se poderán executar de novo ou rehabilitar nos diferentes concellos galegos, logo de conseguir a correspondente licenza municipal de obra.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 3.446 vivendas o pasado ano, un 26 por cento menos que...

Antonio Maroño toma posesión hoxe do seu cargo como decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, relevando no posto a Jorge Duarte

Antonio_MarooColabora desde hai anos coa Administración autonómica  supervisando proxectos e obras

O Colexio de Arquitectos de Galicia terá oficialmente novo decano a partir de hoxe, o arquitecto Antonio Maroño, que foi elixido o pasado 20 de marzo polos colexiados. Substituirá no cargo a Jorge Duarte, que dirixiu a entidade os últimos dous anos. Acompañarán a Antonio Maroño na xunta de goberno do Colexio de Arquitectos Carlos Rodríguez de la Torre, como tesoureiro, José Luis Sanmiguel Guerreiro, como secretario da institución; e como vogais da xunta de Goberno Elvira Carregado Pazos, Xosé Manuel  López Leira, Alfredo Díaz Grande; ademais de Xosé Manuel Rosales Noves, como vogal por Vigo, e Cristóbal Crespo González, como vogal por A Coruña. A nova xunta de goberno agradece o traballo realizado polo equipo anterior.

Ler máis: Antonio Maroño toma posesión hoxe do seu cargo como decano do Colexio de Arquitectos de Galicia,...

O Colexio de Arquitectos premia as oito mellores obras arquitectónicas de Galicia pola súa calidade, respecto e adaptación ao territorio

vivendaSon proxectos de A Coruña, Vigo, Noia, Negreira ou Santiago

O premio especial á traxectoria profesional recaeu nos arquitectos Andrés Fernández- Albalat, e a título póstumo en Xosé Bar Boo

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou hoxe a Gala da XV edición dos Premios do Colexio de Arquitectos –Premios COAG–, onde se concederon as distincións ás mellores obras arquitectónicas e urbanísticas de Galicia. O acto celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña (rúa del Riego de Agua, 37), e consistiu nun recoñecemento a todos os profesionais que participaron nos proxectos premiados.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos premia as oito mellores obras arquitectónicas de Galicia pola súa...