A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos inaugura mañá unha exposición de fotografías decorativas a detalle de José Pardo

pardoEstá composta por sete instantáneas de gran tamaño que recollen elementos de rúa como un camión, unha escaleira mecánica ou un farol

José Pardo, fotógrafo e autor da mostra FOTODECÓ:

“Son todas instantáneas decorativas, moi planas e frontais que non teñen elemento humano”

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura mañá sábado, 9 de xuño, a exposición fotográfica de José Pardo, FOTODECÓ. O acto, que terá lugar na planta baixa da delegación, comezará ás 19:00 horas e contará coa presenza, respaldando ao autor, do presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, Raúl Veiga; o secretario, José Luis Sanmiguel; e a tesoureira e responsable de cultura, Celia Fajar.

Ler máis: A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos inaugura mañá unha exposición de fotografías...

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos celebra unha conferencia sobre a construción de vivendas sociais en Gautemala con tecnoloxía e materiais vernáculos

casa_ruralO relator, o enxeñeiro guatemalteco Javier Quiñónez, dedícase a mellorar a habitabilidade dos máis desfavorecidos de América Latina

Arquitectos Sen Fronteiras, organizador da charla, traballa nun proxecto na costa sur do país

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia celebra hoxe a conferencia do enxeñeiro civil guatemalteco, Javier Quiñónez, “Tecnoloxía e responsabilidade social. Experiencias en Guatemala”, organizada pola ONG Arquitectos Sen Fronteiras (ASF-Galicia). A conferencia comezará ás 20:00 horas na sala de cultura da delegación coruñesa.

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos celebra unha conferencia sobre a construción de...

Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, finalistas dos Premios FAD pola reurbanización da praza de San Clemente de Santiago

sanclementeAbalo e Alonso, arquitectos do proxecto:

“A intervención é debedora do magnífico traballo realizado nos últimos anos en cuestión de patrimonio histórico nesta cidade”

O estudio de arquitectura Abalo Alonso Arquitectos, de Santiago de Compostela, colocou unha das súas obras entre as finalistas dos prestixiosos Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo 2012. Os arquitectos galegos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso conseguen este recoñecemento, na categoría de Cidade e Paisaxe, pola reurbanización da zona de San Clemente e da rúa da Trinidade.

Ler máis: Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, finalistas dos Premios FAD pola reurbanización da praza de San...

Os estudios galegos Arrokabe e Trespes e o arquitecto Jacobo Bouzada son finalistas do premios internacionais Arquitectura Plus

compotaxeForon seleccionados o Centro de recursos para persoas con discapacidade de Silleda, unha área de compostaxe no campus coruñés da Zapateira e o Cetal de Lugo

  • Os galardoados comparten edición co premio Pritzker e Príncipe de Asturias das Artes Rafael Moneo

  • O arquitecto Víctor López Cotelo recibirá a distinción á mellor traxectoria profesional
Dous estudios galegos, o compostelán Arrokabe Arquitectos e o coruñés Trespes Arquitectos, e Jacobo Bouzada Jaureguízar son finalistas dos Premios Arquitectura Plus. Nesta terceira edición presentáronse 163 proxectos enviados por 90 estudios de arquitectura. O xurado seleccionou 24 propostas finalistas nas categorías de espazos públicos e infraestruturas, edificos para o traballo, edificios para a educación, arquitectura deportiva e cultural, vivenda de promoción pública ou privada, arquitectura sanitaria, hoteleira, sostible e efémera, ademais dos premios extraordinarios A+ á mellor traxectoria profesional e ao estudio xove de arquitectura máis prometedor.

O Colexio de Arquitectos de Galicia ponse á vangarda da formación especializada con novos servizos telemáticos

Curso-OnlineO decano, Jorge Duarte, afirma que se busca “a calidade e excelencia dos nosos servizos como Colexio e como profesionais comprometidos coa sociedade”

Técnicas construtivas e Dirección de obras son os dous primeiros cursos on line que comezarán o vindeiro 21 de maio

O Colexio de Arquitectos de Galicia reforza o seu departamento de formación con prestacións avanzadas a través de Internet, que inclúe unha programación de cursos especializados. A incorporación da formación a distancia vía electrónica sitúa ao Colexio de Arquitectos na “vangarda da oferta colexial e profesional, en sintonía cunha ampla e profunda remodelación da entidade, tanto en servizos á sociedade como aos propios colexiados, na que estamos metidos dende hai anos”, segundo explica o decano, Jorge Duarte.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia ponse á vangarda da formación especializada con novos servizos...