O Colexio de Arquitectos de Galicia e o IGE colaboran para mellorar a información estatística sobre a edificación e a construción en Galicia

  • Asinan un convenio para o intercambio de datos que simplifica os trámites para os cidadáns, os profesionais e asDuarte_e_Andin administracións
  • Nutre de información as bases de datos do Instituto Galego de Estatística e facilita a obtención automática de datos estatísticos sen ningún custe para o IGE
  • Permite o acceso do IGE ao proxecto da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio de Arquitectos sobre tramitación telemática das licencias urbanísticas
  • Ademais, ambos organismos colaborarán na publicación de informes sectoriais relativos á edificación e ao sector da construción para que se poidan difundir e trasladar ao colectivo de arquitectos que traballan en toda Galicia

O Colexio de Arquitectos de Galicia e o Instituto Galego de Estatística (IGE) intercambiarán información e tecnoloxía co obxectivo de mellorar a información estatística sobre a edificación e a construción en Galicia, evitar duplicidades e xerar información para a elaboración da evolución anual das magnitudes macroeconómicas.

 

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia e o IGE colaboran para mellorar a información estatística...

O Consejo Superior de Arquitectos maniféstase polo dereito da cidadanía a unha arquitectura exercida con “calidade, responsabilidade e utilidade social”

LSP1A declaración mostra a súa oposición ao borrador da Lei de Servizos Profesionais que indica que para exercer a arquitectura en España “non faría falta ser arquitecto”

O Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) fixo pública unha Declaración por la Arquitectura Española para mostrar a súa oposición ao borrador do anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais (LSP) que recolle a idea de que para exercer a arquitectura en España “non faría falta ser arquitecto”. O Colexio de Arquitectos de Galicia participa activamente nesta defensa da arquitectura fronte ao borrador da LSP. Así o demostrou nas últimas semanas coa lectura dunha declaración institucional por parte da xunta de goberno na súa sede de Santiago.

Ler máis: O Consejo Superior de Arquitectos maniféstase polo dereito da cidadanía a unha arquitectura...

O Colexio de Arquitectos de Galicia declara que a consolidación do borrador da Lei de Servizos Profesionais podería poñer en perigo o traballo do sector produtivo ligado á arquitectura

XuntaJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos:

“A arquitectura está recoñecida na nosa sociedade como unha actividade específica de interese público, cultural e social, por responder ás necesidades das persoas que esixen un medio físico axeitado para o desenvolvemento da actividade cotiá con garantía expresa de seguridade”

A xunta de goberno do Colexio de Aquitectos de Galicia emitiu hoxe un comunicado oficial e unitario aprobado polo Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España

O Colexio de Arquitectos de Galicia emitiu hoxe unha declaración para manifestar a súa posición ao respecto do borrador da Lei de Servizos Profesionais (LSP). O acto, que se celebrou na sede da Casa da Conga de Santiago, estivo dirixido polo decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte, acompañado por outros membros da xunta de goberno, cos que celebrou unha reunión extraordinaria onde acordaron por unanimidade emitir o comunicado en defensa da arquitectura e da profesión ante a sociedade. Trátase dunha declaración oficial e unitaria en defensa da arquitectura, aprobada onte por conseso no pleno extraordinario de conselleiros do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) no que participaron directores de Escolas Técnicas de Arquitectura, representantes dos estudantes de arquitectura, o Consejo General de la Arquitectura Técnica de España, o Sindicato de Arquitectos e Colexios de toda España.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia declara que a consolidación do borrador da Lei de Servizos...

O Colexio de Arquitectos selecciona como finalistas dos Premios COAG a 32 obras de vivenda, equipamento, reforma interior, espazos abertos públicos e ordenación do territorio, entre outras categorías

Presentacin__COAGA entrega de premios celebrarase o 14 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, nunha gala dirixida polo director de cine Ángel de la Cruz, presentada pola actriz María Mera e amenizada co humor de Rober Bodegas

Estas distincións recoñecen as mellores obras da arquitectura galega do último bienio

O Colexio de Arquitectos de Galicia presentou hoxe na súa delegación da Coruña os finalistas da décimo quinta edición dos Premios COAG e a cerimonio de entrega destas distincións. No acto, participaron o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), Fernando Agrasar; o director comercial do Grupo Desarrolla –principal patrocinador do evento–, Gerardo Collazo; e a actriz María Mera, que presentará a cerimonia.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos selecciona como finalistas dos Premios COAG a 32 obras de vivenda,...

Rotunda oposición do Colexio de Arquitectos de Galicia ao Proyecto de Ley de Servicios Profesionales

duarteO Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia manifesta a súa rotunda oposición ao borrador da Ley de Servicios Profesionales (LSP), preparado polo Ministerio de Economía y Competitividad.

Ler máis: Rotunda oposición do Colexio de Arquitectos de Galicia ao Proyecto de Ley de Servicios Profesionales