O Colexio de Arquitectos de Galicia colabora nun taller internacional de verán que se celebrará a finais de agosto en Guimarães

cityO curso ofrece a oportunidade de vivir e contribuír a un proxecto real nesta cidade histórica, Capital da Cultura 2012

Coas conclusións do traballo de investigación desenvolverase un catálogo do patrimonio construído e natural da cidade portuguesa

O prazo de inscrición rematará o próximo 30 de xuño

Os arquitectos Aurora Armental e Stefano Ciurlo, da plataforma de arquitectura City Laboratory, organizan un taller internacional de verán “Caminho da Cidade. Estudos na cidade histórica de Guimarães” entre o 27 de agosto e o 7 de setembro, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia, a Câmara Municipal de Guimarães, a Divisão MAPa2012, a Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación del Consorcio de Santiago. Este taller ofrece a oportunidade de vivir e contribuír a un proxecto real na cidade histórica e o paisaxe cultural de Guimarães, Cidade Patrimonio da Humanidad pola UNESCO e Capital da Cultura en 2012.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia colabora nun taller internacional de verán que se celebrará a...

O fotógrafo Amador Iravedra monta unha composición artística polas rúas de Santiago para promocionar a súa exposición de sofás londinenses

IravedraUn 600 vermello cun sofá acoplado servirá de reclamo para animar aos viandantes a visitar a mostra

As inauguracións serán ás 20:00 horas na Galería Metro e ás 21:00 horas no Colexio de Arquitectos de Galicia

O Colexio de Arquitectos de Galicia acolle esta tarde a exposición fotográfica Sofás Iravedra,  do fotógrafo Amador Iravedra. As instantáneas, que foron tomadas polas rúas de Londres, teñen como foco central unha serie de sofás abandonados. A inauguración celebrarase ás 21:00 horas na sala de exposicións do Colexio (Casa da Conga. Praza da Quintana, 3).

Ler máis: O fotógrafo Amador Iravedra monta unha composición artística polas rúas de Santiago para...

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza este mes o ciclo de documentais Cinemautor

Estas proxeccións pretenden difundir a obra de artistas galegos para afianzar á delegación como punto de enconCINEMAUTORtro entre as vangardas culturais

A primeira cinta, “Contra a morte”, reproducirase este venres, ás 19:00 horas na sala de cultura do Colexio herculino

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza este mes de xuño o ciclo Cinemautor coa proxección de varios documentais galegos. O ciclo organízase en dúas xornadas, os venres 15 e 29 de xuño, ás 19:00 horas na sala de cultura da delegación (rúa Federico Tapia nº 62, baixo).

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza este mes o ciclo de documentais Cinemautor

O Colexio de Arquitectos presenta Obradoiro 34, unha publicación que reflexiona sobre o feito e o pensamento arquitectónico galego e internacional

obraJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos:

“É importante que a sociedade valore o traballo dos arquitectos, cultural e economicamente”

Carlos Quintáns e Carlos Pita, directores da revista:

“É un espazo de reflexión, onde hai tempo para botar unha mirada máis intensa á realidade arquitectónica, con liberdade expresiva”

O Colexio de Arquitectos de Galicia presentou hoxe o número 34 da revista OBRADOIRO “O LIMITE”. O acto contou coa presenza do decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte; o presidente da Comisión de Cultura, Fernando Martínez; e os directores da revista, Carlos Quintáns e Carlos Pita, ademais doutros arquitectos colexiados que asistiron á presentación.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos presenta Obradoiro 34, unha publicación que reflexiona sobre o feito e o...

O Colexio de Arquitectos edita un novo número da revista Obradoiro, dedicado ao límite en arquitectura e urbanismo

lmiteA publicación, única en Galicia, recolle máis de vintecinco proxectos coas súas respectivas fotografías, planos e maquetas

A presentación será o  xoves, 14 de xuño, ás 11:30 horas, na sede compostelá do Colexio de Arquitectos de Galicia

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta o próximo xoves, 14 de xullo, o número 34 da revista OBRADOIRO “O LIMITE”. O acto celebrarase ás 11:30 horas na sala de exposicións do Colexio (Casa da Conga. Praza da Quintana, 3. Santiago de Compostela), e contará coa presenza do decano, Jorge Duarte, e o presidente da Comisión de Cultura, Fernando Martínez.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos edita un novo número da revista Obradoiro, dedicado ao límite en...