“Agrupando a los vecinos y políticos de Ferrol se puede conseguir la revitalización de la ciudad”, asegura a arquitecta Patrizia di Monte
- Detalles
- Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
- Published: Mércores, 19 Setembro 2012 15:52
- Escrito por Eva
- Visitas: 515
Falará do programa zaragozano estonoesunsolar, un proxecto de rexeneración urbana de 28 solares abandonados para crear zonas verdes, espazos deportivos ou paques para xogos infantís
O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá na galería Sargadelos de Ferrol a conferencia dos arquitectos Patrizia di Monte e Ignacio Grávalos, ás 20:00 horas
O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Ferrol co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. Os arquitectos Patrizia di Monte e Ignacio Grávalos ofrecerán mañá xoves, 20 de setembro, ás 20:00 horas, unha conferencia na Galería de Sargadelos en Ferrol (rúa Rubalcava, 30-32) titulada “Isto non é un solar”. Esta parella de arquitectos desenvolveron xunto co Concello de Zaragoza un programa de baixo custo de ocupación de solares baleiros da cidade, con actividades que os mostraran como espazos de oportunidade.