Balnearios de Galicia

Investigadores galegos demostran a efectividade do tratamento termal en pacientes con fibromialxia, unha doenza sen cura que afecta a entre o 5 e o 10% da poboación en Galicia

O estudo realizouse con pacientes fibromiálxicos no Balneario de LugoLogran reducir a intensidade da dor, a fatiga, a depresión, a calidade do sono e mesmo a inxesta de fármacos

O Balneario de Lugo acolle esta tarde (19:00 h) a presentación dun estudo sobre a efectividade do tratamento termal en pacientes con fibromialxia. A súa responsable é Sofía López Linares, médico de Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo, cuxa tese de doutoramento dirixe o departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Ler máis: Investigadores galegos demostran a efectividade do tratamento termal en pacientes con...

Accidente de tren en Santiago


Balnearios de Galicia  A Asociación de Balnearios de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN) desexan expresar o seu pésame e solidariedade pola traxedia ferroviaria acontecida a escasos kilómetros da estación da Renfe en Santiago de Compostela.

As dúas entidades manifestamos a nosa felicitación aos servizos públicos e aos veciños e cidadáns que cooperaron pola súa entrega e xenerosidade, ao tempo que nos sumamos ao loito no que quedou sumida a sociedade galega.

Representantes da principal petroleira e do máis importante grupo bancario de Francia, xunto con xornalistas do país, visitan esta semana os balnearios galegos

Visita de prescritores franceses aos balnearios galegosÉ unha “oportunidade única” para promocionar Galicia como destino turístico de saúde entre o mercado francés

A Asociación de Balnearios de Galicia, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, está a promover unha serie de iniciativas destinadas a atraer turistas procedentes doutros países e doutras comunidades autónomas. Nesta liña, esta semana visitan os balnearios galegos e lugares emblemáticos da nosa xeografía un grupo de prescritores franceses.

 

Ler máis: Representantes da principal petroleira e do máis importante grupo bancario de Francia, xunto con...

Un facsímile do século XVIII destaca o valor terapéutico das augas mineiromedicinais procedentes dos mananciais galegos

Presentación do facsímileSobresaen doce fontes, algunhas aínda en uso como as de Caldas de Reis, Cuntis, Caldelas de Tui ou O Carballiño

O balneario ourensán de Laias acolleu esta mañá a presentación do libro “Historia universal das fontes minerais de España. Tomo I”. Trátase dun facsímile da obra do médico Pedro Gómez de Bedoya y Paredes, un dos pioneiros e máis recoñecidos estudosos das augas mineiromedicinais no século XVIII. Chegado de Madrid, onde atendía á Familia Real, foi o primeiro médico do cabido compostelán e o primeiro catedrático de Cirurxía e Anatomía da Universidade de Santiago.

Ler máis: Un facsímile do século XVIII destaca o valor terapéutico das augas mineiromedicinais procedentes...

A Asociación de Balnearios de Galicia elixe a Antonio Garaloces, do Balneario de Lugo, como novo presidente

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a singularidade da oferta termal galega na construción da marca EspañaAsemblea da Asociación de Balnearios de Galicia

A Asociación de Balnearios de Galicia elixiu a Antonio Garaloces, director-xerente do Balneario de Lugo-Termas Romanas, como novo presidente da entidade na asemblea que se celebrou esta mañá na cidade das Murallas.

 

Ler máis: A Asociación de Balnearios de Galicia elixe a Antonio Garaloces, do Balneario de Lugo, como novo...

Subcategorías