Expertos médicos salientan que a balneoterapia é capaz de influír dun xeito moi positivo na evolución de enfermidades crónicas
- Detalles
- Categoría: Balnearios de Galicia
- Published: Luns, 02 Marzo 2015 09:49
- Escrito por Eva
- Visitas: 405
Aseguran que os tratamentos con augas mineiromedicinais axudan a diminuír a dor, reducen a inxesta de medicamentos e melloran a funcionalidade dos pacientes
No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o edificio docente Roberto Novoa Santos da USC acolle esta tarde (18.30 horas) unha nova sesión dirixida a futuros facultativos expertos na cura termal. A responsable de impartir esta xornada será a doutora Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias (no concello de Cenlle) e Lobios.