Balnearios de Galicia

Investigadores galegos desenvolven lodos termais que logran resultados rápidos e efectivos no tratamento de doenzas reumatolóxicas e da pel

Son produtos naturais máis económicos e eficaces que os fármacos e sen efectos secundarios adversos 

Úsanse en particular para combater a psoríase, o acné, a dermatite atópica en nenos e tamén as queimaduras

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde unha conferencia centrada na aplicación dos peloides termais. A investigadora da Universidade de Vigo Lourdes Mourelle abordará o valor terapéutico destes produtos naturais no edificio docente Roberto Novoa Santos, a partir das 18:30 horas.

Ler máis: Investigadores galegos desenvolven lodos termais que logran resultados rápidos e efectivos no...

O Imserso mantén aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo Social entre os meses de setembro e decembro

Galicia, cun total de 25.676 prazas para este ano, o 12% do total nacional, é unha das comunidades con maior oferta 

Participan 15 establecementos de Balnearios de Galicia, 6 en Pontevedra, 5 en Ourense, 2 en Lugo e outros 2 na Coruña

O Programa de Termalismo Social do Imserso mantén aberta a súa convocatoria para  os meses de setembro a decembro. Os pensionistas que desexen participar nesta iniciativa e opten por presentar as solicitudes por vía telemática poderán facelo a través da sede electrónica do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso).

Ler máis: O Imserso mantén aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo Social entre os meses de...

Os médicos dos balnearios galegos insisten na importancia de que a Seguridade Social permita a prescrición médica dos tratamentos termais

Estes tratamentos logran un maior benestar físico e psíquico dos pacientes e melloran os síntomas das enfermidades crónicas 

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde unha conferencia centrada no valor actual do termalismo social. A encargada de impartila será a doutora Rosa Martínez, médico do balneario Termas de Cuntis. Celebrarase no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitario Universitario de Santiago, a partir das 18:30 horas.

Ler máis: Os médicos dos balnearios galegos insisten na importancia de que a Seguridade Social permita a...

O presidente da Academia de Medicina de Galicia salienta que os primeiros testemuños da hidroloxía médica na comunidade datan do século I antes de Cristo

No século XIX había rexistrados na comunidade galega ata 90 mananciais de augas mineiromedicinais

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde unha conferencia centrada na evolución histórica do termalismo na comunidade galega. O encargado de impartila será o doutor José Carro Otero, presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e profesor da USC. Celebrarase no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitario Universitario de Santiago, a partir das 18:30 horas.

Ler máis: O presidente da Academia de Medicina de Galicia salienta que os primeiros testemuños da hidroloxía...

Expertos médicos salientan que o clima mariño estimula o metabolismo, o que favorece a relaxación, fundamental para combater o estrés, o insomnio ou a depresión

A talasoterapia ralentiza a aparición de procesos reumáticos e incapacidades físicas e reduce o tempo de convalecencia de procesos de curación longos

Os alumnos da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia participan mañá sábado nunha sesión práctica no Talaso Louxo La Toja. Nesta xornada achegaranse á aplicación da talasoterapia para abordar e previr diferentes doenzas. 

Ler máis: Expertos médicos salientan que o clima mariño estimula o metabolismo, o que favorece a relaxación,...

Subcategorías