Balnearios de Galicia

Os balnearios galegos buscan atraer pacientes de Francia, Italia ou Alemaña, que recoñecen a cura termal dentro da súa carteira de servizos sanitarios

A Directiva europea de asistencia sanitaria transfronteiriza regula o reembolso dos gastos ao recibir tratamento noutro Estado membro

Dentro da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, esta tarde celébrase unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. A xornada terá lugar no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a partir das 18:30 horas. 

Ler máis: Os balnearios galegos buscan atraer pacientes de Francia, Italia ou Alemaña, que recoñecen a cura...

Expertos médicos defenden a hidroloxía como complemento da Medicina tradicional

Aseguran que os tratamentos termais, que non teñen efectos secundarios negativos para os pacientes, axudan a que se consuman menos fármacos

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos, ás 18:30 horas. Marta Arribas, directora médico do balneario Isla de La Toja, abordará as principais aplicacións clínicas da balneoterapia. 

Ler máis: Expertos médicos defenden a hidroloxía como complemento da Medicina tradicional

Galicia posúe 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen, coas que se tratan dende anemias e afeccións alérxicas ata trastornos psiquiátricos

Úsanse como complemento aos tratamentos médicos, ao tempo que axudan a previr certas enfermidades como a artrose 

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos, ás 18:30 h. A doutora Laura Gómez, directora médico do balneario de Mondariz, dará a coñecer os distintos tipos de augas mineiromedicinais que existen nos centros termais galegos e para que doenzas está indicada cada unha. 

Ler máis: Galicia posúe 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen, coas que se tratan dende anemias e...

Máis do 70% dos pacientes con doenzas reumatolóxicas sometidos a tratamentos termais logran reducir a inxesta de analxésicos e antiinflamatorios

Logo de nove días mellora a mobilidade articular, diminúe a rixidez e a dor propia destes procesos

Os alumnos da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia participan mañá venres e o sábado nunha sesión práctica no balneario de Lugo. Nestas xornadas achegaranse á aplicación da balneoterapia en pacientes reumatolóxicos crónicos.

Ler máis: Máis do 70% dos pacientes con doenzas reumatolóxicas sometidos a tratamentos termais logran...

A inxestión de auga mineiromedicinal durante un tempo, a un ritmo e nunhas cantidades precisas, ten efectos terapeúticos sobre o aparato dixestivo

A pesar de non ser moi habitual, boa parte dos balnearios galegos posúen augas indicadas para a bebida 

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos, entre as 18:30 e as 20:30 horas. O doutor Elías Festa Cayuela, director médico do balneario de Caldelas de Tui, dará a coñecer as principais técnicas de aplicación das augas mineiromedicinais, en particular as que máis se empregan nos establecementos termais galegos. 

Ler máis: A inxestión de auga mineiromedicinal durante un tempo, a un ritmo e nunhas cantidades precisas,...

Subcategorías