Balnearios de Galicia

Oito establecementos termais integrados na Asociación de Balnearios de Galicia posúen a “Q” de Calidade Turística, que aporta prestixio e fiabilidade

Na Coruña son os de Carballo e Brión; en Lugo Guitiriz e Termas Romas; en Ourense Arnoia, Laias e Lobios; e en Pontevedra Termas de Cuntis

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario de Laias (no concello ourensán de Cenlle) acolle mañá sábado unha sesión sobre a importancia da calidade e a hixiene nos establecementos termais, entre as 10:30 e as 18:00 horas. Un grupo de futuros médicos da Universidade de Santiago, que se están a formar na cura termal, coñecerán as medidas que adoptan os balnearios nestes eidos.

Ler máis: Oito establecementos termais integrados na Asociación de Balnearios de Galicia posúen a “Q” de...

Expertos médicos destacan a importancia de que os usuarios coñezan as diferenzas entre as augas dos balnearios, centros de talasoterapia e spas

Salientan que só os establecementos termais posúen unha lexislación específica como centros sanitarios

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o edificio docente Roberto Novoa Santos da USC acolle esta tarde unha nova sesión dirixida a futuros facultativos expertos na cura termal. A responsable de impartir esta xornada será a doutora Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias (no concello de Cenlle) e Lobios.

Ler máis: Expertos médicos destacan a importancia de que os usuarios coñezan as diferenzas entre as augas...

Expertos médicos destacan el valor de la balneoterapia como tratamiento complementario en dolencias crónicas como las del aparato locomotor

Es el caso del reumatismo, causante directo del 15% del absentismo laboral en Europa

Los médicos resaltan la importancia de que el paciente participe en el proceso terapéutico con una actitud positiva

En el marco de la Cátedra de Hidrología Médica de la Universidad de Santiago y la Asociación de Balnearios de Galicia, el edificio docente Roberto Novoa Santos de la USC acoge esta tarde, entre las 18:30 y las 20:30 horas, una nueva sesión dirigida a futuros facultativos expertos en la cura termal. El responsable de impartir esta jornada será el doctor Juan Gestal Otero, director de la Cátedra y decano de la facultad de Medicina de la Universidad de Santiago. Abordará la importancia de la balneoterapia en la salud, es decir, el empleo del agua mineromedicinal para prevenir y curar ciertas enfermeades.

Ler máis: Expertos médicos destacan el valor de la balneoterapia como tratamiento complementario en...

Galicia forma cada ano a un centenar de futuros médicos especializados na cura termal

O profesor Míguez, experto en termalismo, lembra que os médicos xa se introduciron nos balnearios no século XIX

Esta tarde inaugurouse en Santiago o curso académico da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia

O curso da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e Balnearios de Galicia inaugurouse esta tarde no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC. Ao acto asistiron o director da Cátedra e decano da facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; a coordinadora do programa, a doutora Dolores Fernández Marcos; xunto con directores médicos de diferentes establecementos termais da comunidade.

Ler máis: Galicia forma cada ano a un centenar de futuros médicos especializados na cura termal

Os balnearios e talasos galegos presentan en París as súas ofertas para os visitantes franceses

O Clúster Turístico Termal de Galicia participa estes días en Thermalies, a feira do sector que se celebra cada ano en Francia

A Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia -AEITEGAL- está a participar estes días en Thermalies, a feira internacional de termalismo que cada ano se celebra en Francia. O salón estase a desenvolver en París, dende o 23 e ata o 26 deste mes. Durante o evento diversos balnearios e talasos galegos están a presentar as súas ofertas especiais dirixidas aos visitantes franceses.

Ler máis: Os balnearios e talasos galegos presentan en París as súas ofertas para os visitantes franceses

Subcategorías