Balnearios de Galicia

Investigadores galegos melloran doenzas como a fibromialxia mediante a aplicación de peloides termais, lodos naturais sen efectos secundarios

Tamén demostraron a súa eficacia para combater enfermidades da pel, xa que favorecen a rexeneración celular e axudan á cicatrización de feridas e queimaduras

Estes barros terapéuticos empréganse en Galicia nos balnearios de Guitiriz, Isla de la Toja e Compostela

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde, ás 18:30 horas, unha conferencia centrada na aplicación dos peloides termais. A investigadora da Universidade de Vigo Lourdes Mourelle abordará, no edificio docente Roberto Novoa Santos, o valor terapéutico destes produtos naturais.  

Ler máis: Investigadores galegos melloran doenzas como a fibromialxia mediante a aplicación de peloides...

Diez balnearios gallegos inician una campaña para promocionar el Programa de Termalismo Social del Imserso en Galicia, Asturias y Castilla y León

Ofrecen un total de 11.683 plazas para que los pensionistas que necesiten tratamientos termales puedan disfrutar de estancias a precios muy reducidos

Los interesados en participar en el programa entre septiembre y diciembre podrán solicitarlo antes del 16 de mayo

Diez balnearios gallegos integrados en la Asociación de Balnearios de Galicia se unen en una campaña de promoción del Programa de Termalismo Social del Imserso (Instituto de Mayores y Servicios Sociales). Esta iniciativa, que se prolongará entre los meses de abril y mayo, se dirige, además de a la comunidad gallega, a las vecinas de Asturias y Castilla y León.

Ler máis: Diez balnearios gallegos inician una campaña para promocionar el Programa de Termalismo Social del...

Os médicos de familia deben coñecer as características das augas dos balnearios galegos para poder prescribir aos seus pacientes as que mellor se adapten a cada patoloxía

Os centros termais da comunidade combinan diversos tipos de augas, aumentando os seus efectos sobre o organismo

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. A doutora Laura Gómez San Miguel, directora médico do balneario de Mondariz, dará a coñecer os distintos tipos de augas mineiromedicinais que existen nos centros termais galegos en función da súa composición química, e para que doenzas está indicada cada unha.

Ler máis: Os médicos de familia deben coñecer as características das augas dos balnearios galegos para poder...

A auga mineiromedicinal considérase un “medicamento natural” e as curas termais un complemento das terapias farmacolóxicas e cirúrxicas

As caraterísticas terapéuticas das augas dos balnearios galegos fanas indicadas para tratar doenzas reumatolóxicas, respiratorias ou dixestivas

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o edificio docente Roberto Novoa Santos da USC acolle esta tarde, ás 18:30 horas, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos expertos na cura termal. A responsable de impartir esta xornada será a catedrática da Escola de Radioloxía e Medicina Física do departamento de Medicina da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC, Rosa Meijide. 

Ler máis: A auga mineiromedicinal considérase un “medicamento natural” e as curas termais un complemento das...

Os balnearios galegos ofrecen un tratamento integral con bañeiras, chorros e duchas, acompañado de fisioterapia, consellos de nutrición e exercicio físico

Expertos médicos indican a cura termal para previr e solucionar problemas músculo-esqueléticos, reumatolóxicos, traumatolóxicos ou resolver situacións de estrés

Alumnos de Medicina da Universidade de Santiago asisten mañá a unha sesión práctica no balneario de Mondariz

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, mañá sábado celébrase no balneario de Mondariz unha nova xornada práctica dirixida a futuros facultativos. A doutora Laura Gómez, directora médico do balneario, abordará o manexo integral do paciente nun centro termal. A sesión celebrarase entre as 10:30 e as 17:00 horas.

Ler máis: Os balnearios galegos ofrecen un tratamento integral con bañeiras, chorros e duchas, acompañado de...

Subcategorías