A Real Filharmonía de Galicia, coa voz da mezzosoprano catalá Marta Infante, ofrece un concerto no Festival de Músicas Contemplativas

Será este mércores, ás 21:00 horas, na igrexa do compostelán Convento do Carme, baixo a batuta de Maximino Zumalave

A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores, 1 de abril, un concerto no marco do IX Festival de Músicas Contemplativas. Terá lugar na igrexa do compostelán Convento do Carme, ás 21:00 horas, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia, coa voz da mezzosoprano catalá Marta Infante, ofrece un concerto no...

O Consorcio intervén na cuberta e na fachada principal da igrexa de San Paio de Sabugueira

As obras, cun orzamento de 18.554,44 euros, está previsto que rematen en dous meses

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascende aos 18.554,44 euros, centraranse na cuberta e na fachada principal do templo e está previsto que rematen no prazo de dous meses. 

Ler máis: O Consorcio intervén na cuberta e na fachada principal da igrexa de San Paio de Sabugueira

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este xoves no Círculo das Artes de Lugo

Acompañará á violinista rusa Alina Pogostkina, que toca un Stradivarius de 1717, baixo a batuta do xamaicano Andrew Gourlay

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este xoves, 26 de marzo, un concerto no Círculo das Artes de Lugo, ás 20:30 horas. Dirixirá a orquestra o mestre xamaicano Andrew Gourlay. Nesta cita reflectirase a paixón polo Clasicismo a través de Haydn e Beethoven. Como contraste e complemento, tamén se escoitará a música do compositor finés Jean Sibelius.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este xoves no Círculo das Artes de Lugo

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o Festival de Músicas Contemplativas

Acompañará á violinista rusa Alina Pogostkina, que toca un Stradivarius de 1717, baixo a batuta do xamaicano Andrew Gourlay

A Real Filharmonía de Galicia inaugura este venres, 27 de marzo, o IX Festival de Músicas Contemplativas. Este primeiro concerto celebrarase no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Dirixirá a orquestra o mestre xamaicano Andrew Gourlay. Nesta cita reflectirase a paixón polo Clasicismo a través de Haydn, Beethoven e Brahms. Como contraste e complemento, tamén se escoitará a música do compositor finés Jean Sibelius.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia inaugura o Festival de Músicas Contemplativas

Mañá mércores os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

A actuación, que é gratuíta ata completar aforo, comezará ás 20:00 horas

No marco do programa “A Escola na Cidade”, que promove a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, celebra mañá mércores, 25 de marzo, un novo concerto protagonizado polos alumnos do curso de posgrao do centro. Terá lugar ás 20.00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A duración estimada desta actuación é dunha hora.

Ler máis: Mañá mércores os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto no Paraninfo da...