A xove pianista italiana Beatrice Rana, de tan só 22 anos, toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

Interpretará o Concerto para piano nº 1 de Beethoven, baixo a batuta do director francés Fabien Gabel

A orquestra homenaxeará a Mozart con dous concertos, un en Santiago o xoves e outro no Teatro Afundación de Vigo o venres 

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 16 a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. E o venres 17 desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. En ámbalas citas, que representan unha homenaxe a Mozart, levará a batuta o director francés Fabien Gabel.

Ler máis: A xove pianista italiana Beatrice Rana, de tan só 22 anos, toca esta semana coa Real Filharmonía...

O 15 de maio remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a rehabilitar os elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

O Consorcio de Santiago ofrece o seu servizo aos cidadáns para a elaboración da documentación técnica requirida

O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 150.000 euros en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago. O prazo para acollerse a estas subvencións remata o vindeiro 15 de maio.

Ler máis: O 15 de maio remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a rehabilitar os elementos...

O museo da Casa do Cabido comeza o seu novo horario de verán, que se prolongará ata finais de outubro

O museo da Casa do Cabido, na Praza das Praterías, iniciou o 1 de abril o novo horario de verán, que se prolongará ata finais do vindeiro mes de outubro. Durante este período, o museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 21:00 horas en horario de tardes (ata agora era de 16:00 a 20:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido permanece pechada.

Ler máis: O museo da Casa do Cabido comeza o seu novo horario de verán, que se prolongará ata finais de...

A mezzosoprano irlandesa Paula Murrihy canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

Interpretará seis lieder de “Marienleben” de Paul Hindemith, baixo a batuta do xove director valenciano Sergio Alapont

A orquestra ofrecerá dous concertos, un en Santiago o xoves e outro no Teatro Jofre de Ferrol o venres 

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 9 a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. E o venres 10 desprazarase á cidade de Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. En ámbalas citas, nas que se achegará un programa singular con tres obras infrecuentes, levará a batuta o xove mestre valenciano Sergio Alapont.

Ler máis: A mezzosoprano irlandesa Paula Murrihy canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

A vindeira semana remata o prazo para presentarse a varios concursos do Consorcio de Santiago

Trátase da finalización do Plan Director de Bonaval, a eliminación de humidades no Auditorio de Galicia e o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica

Tamén se ofrece un posto de recepcionista para a Casa do Cabido

A vindeira semana remata o prazo para presentarse a varios concursos promovidos polo Consorcio de Santiago. Trátase da finalización do Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, a eliminación de humidades no Auditorio de Galicia, o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica, xunto cun posto de recepcionista para a Casa do Cabido.

Ler máis: A vindeira semana remata o prazo para presentarse a varios concursos do Consorcio de Santiago