- Detalles
-
Categoría: Cámara Santiago
-
Published: Xoves, 31 Xaneiro 2013 12:25
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 443
O Indicador de Confianza, que elabora a Cámara de Comercio de Santiago, presenta unha brusca caída con –15,58 puntos
Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago:
“O final do exercicio 2012 foi claramente un dos máis negativos dos analizados por sectores ata o momento”
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela elaborou o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao cuarto trimestre de 2012. O ICE-Barbanza é un informe que reflicte a situación do trimestre actual e as expectativas para o seguinte período nos sectores da construción, industria, comercio, hostalería e sector servizos. Esta nova publicación continúa en valores negativos, situando a confianza do empresariado da comarca en –15,58 puntos, un dato que revela unha brusca caída con respecto a trimestes anteriores, descendendo máis de 10 puntos respecto ao trimestre anterior (ICE Barbanza do 3º trimestre 2012: –5,23).
Ler máis: A caída do consumo provoca consecuencias directas na confianza dos empresarios e un estancamento...
- Detalles
-
Categoría: Cámara Santiago
-
Published: Mércores, 23 Xaneiro 2013 12:32
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 355
Participarán un máximo de 25 proxectos empresariais relacionados coas artes e as novas tecnoloxías audiovisuais
Celebrarase ata o 5 de abril no viveiro de empresas de Costa Vella
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará o próximo 4 de febreiro, ás 18:00 horas, o programa de creación e consolidación de empresas culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta no viveiro de empresas de Costa Vella ata o 5 de abril. Esta acción formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do seu Programa Operativo 2007-2013, denominado “Adaptabilidad y Empleo”, aprobado á Fundación Incyde e ao Ministerio de Cultura.
Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago impartirá un curso gratuíto de creación e consolidación de...