- Detalles
-
Categoría: Cámara Santiago
-
Published: Luns, 11 Marzo 2013 15:44
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 491
Informarase aos asistentes sobre a cadea de loxística, o transporte ou a documentación das operación internacionais
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofrecerá a semana próxima un curso sobre loxística en comercio exterior nas aulas formativas da entidade cameral. Esta actividade formativa, de 20 horas de duración, impartirase desde o vindeiro luns, 18 de marzo, ata o venres-22, en horario de 18:00 a 22:00 horas, dirixida a profesionais que desenvolvan a súa carreira profesional no ámbito internacional. O curso estará impartido pola avogada, consultora en comercio exterior, Ana Díaz-Becerra.
Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago celebra o próximo luns un curso sobre loxística no comercio...
- Detalles
-
Categoría: Cámara Santiago
-
Published: Mércores, 06 Marzo 2013 15:52
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 448
A entidade cameral e a corporación aportan un 20% e o Fondo Social Europeo o 80% do seu financiamento
Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio:
“A Antena Local de Boiro é un servizo próximo, xestionado por un técnico presencial que canaliza as demandas para proxectos e programas formativos da zona”
Juan José Dieste, alcalde de Boiro:
“O acordo serve para potenciar a actividade económica da comarca, orientando as nosas empresas en formación, asesoramento e busca de emprego”
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela asinou esta mañá co Concello de Boiro a renovación do convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa Antenas, Servizos de proximidade para a pequena e mediana empresa a todos os concellos da mancomunidade Arousa Norte. O acordo, que se celebrou na sala de xuntas do consistorio boirense, foi rubricado polo presidente cameral, Jesús Asorey, e o alcalde de Boiro, Juan José Dieste. Ademais, no acto estiveron presentes o secretario Xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros, e a responsable da Antena Local, Sandra Becerra. O convenio, que comezou a executarse en 2004, estará vixente ata decembro de 2013. Con respecto ao financiamento da Antena, a Cámara e as entidades locais cofinancian o 20 por cento dos custos (10 por centro tanto a Cámara de Comercio como o Concello). Pola súa parte, o Fondo Social Europeo aporta o 80 por cento restante.
Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago renova un ano máis co Concello de Boiro o convenio para manter no...