O viveiro da Cámara de Comercio de Santiago ofrece un seminario de coaching, unha ferramenta clave para alcanzar o éxito profesional

Anhoa_MalloAïnhoa Mallo, experta en coaching:

“No marco económico actual, caracterizado por unha profunda desorientación e falta de motivación, o coaching aporta enfoque e actitude positiva”

A xornada celebrarase o próximo mércores a partir das 10:00 horas

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella. Rúa República Checa, 40) ofrecerá o vindeiro mércores, 27 de febreiro, un seminario de Coaching: ferramenta para o éxito. Esta xornada, que se celebrará entre as 10:00 e as 14:00 horas, estará impartida pola coach certificada, experta en talento e reorientación laboral e en comercio exterior, Aïnhoa Mallo, que achegará aos participantes esta ferramenta orientada a mellorar as súas habilidades e enfocada para conseguir os seus obxectivos empresariais.

Ler máis: O viveiro da Cámara de Comercio de Santiago ofrece un seminario de coaching, unha ferramenta clave...

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago celebra un taller gratuíto sobre ideas de negocio innovadoras

tormentaOs participantes recibirán nocións para crear tormentas de ideas, analizar a viabilidade e planificar a posta en marcha dunha empresa

A xornada impartirase o próximo xoves no Centro Social de Boiro a cargo da formadora Paula Fernández de Pisa, entre as 9:00 e as 14:00 horas

A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago organiza un taller formativo gratuíto sobre a creatividade como motor da innovación, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Celebrarase o vindeiro xoves, 28 de febreiro, no Centro Social de Boiro, situado na rúa Principal, s/n, entre as 9:00 e as 14:00 horas. A responsable de impartir esta xornada será Paula Fernández de Pisa, da consultora Pisa. Proyectos de Innovación. Este taller está promovido pola Cámara de Comercio de Oviedo, en colaboración coas Cámaras de Comercio de Santiago e Zaragoza, baixo o financiamento do Ministerio de Industria, Energía y Turismo.

Ler máis: A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago celebra un taller gratuíto sobre ideas...

A Cámara de Comercio de Santiago informa de como implantar as notificacións electrónicas da Seguridade Social na actividade diaria das empresas

notificacinAs pemes compostelás recibirán axuda para adaptarse á e-Administración e mellorar a súa competitividade, eliminando a comunicación postal e persoal

Impartirase unha xornada o próximo martes, 26 de febreiro, no salón de actos

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o próximo martes, 26 de febreiro, unha xornada informativa sobre a obriga das notificacións telemáticas da Seguridade Social que terán que aplicar as empresas de Santiago e do resto da demarcación cameral, en colaboración coa Tesorería General de la Seguridad Social e Camerfirma. Celebrarase no salón de actos cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44 – baixo) entre as 10:00 e as 10:15 horas. O presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, inaugurará unha xornada na que participarán a subdirectora Provincial de Xestión Recaudatoria da Seguridade Social, Concepción Nieto Roig; o responsable de Zona Norte de AC Carmerfirma, Juan José García; e o representante de Portal Neos, un produto que ofrece solucións para a xestión de notificacións electrónicas, Rafael Laclaustra.

Esta xornada informará ás pemes de Santiago e a súa comarca,  asesorías, xestorías e grandes empresas, sobre a adaptación a este novo trámite obrigatorio para o que será preciso dispor dun certificado dixital, unha ferramenta imprescindible na actividade empresarial que ofrecen as Cámaras de Comercio. Con esta xornada, a Cámara de Comercio de Santiago axudará ás empresas a adaptarse á e-Administración, mellorando a súa competitividade.

A obriga da recepción das notificacións telemáticas da Seguridade Social entrará en vigor a través dunha orde ministerial prevista para antes do mes de marzo. Estas notificacións telemáticas serán a única canle de interrelación entre a Administración e as empresas, substituíndo ás comunicacións tradicionais mediante cartas ou comparecencias persoais.

Esta xornada, de carácter gratuíto, ten un aforo limitado previa inscrición na páxina web da Cámara: http://www.camaracompostela.com/formacion_preins.asp?ncurso=3112013

A Cámara de Comercio inaugura o luns tres cursos sobre o manexo de bases de datos, marketing comercial e xestión de pemes

gestionA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela impartirá desde o próximo luns, 25 de febreiro, tres cursos formativos para as empresas das súa demarcación cameral, que poderán beneficiarse de descontos de ata o 30 por cento, ao igual que as persoas en situación de desemprego. O primeiro dos cursos que organiza a Cámara de Comercio de Santiago é sobre o manexo de bases de datos co programa informático Access. Esta actividade formativa de novas tecnoloxías impartirase ata o vindeiro 7 de marzo nas instalacións da propia entidade cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 37­- baixo). O curso, que terá unha duración total de 16 horas, desenvolverase en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Ler máis: A Cámara de Comercio inaugura o luns tres cursos sobre o manexo de bases de datos, marketing...

A Cámara de Comercio de Santiago fomenta entre estudantes de formación profesional a igualdade de oportunidades laborais entre mulleres e homes

escapaCelebrou hoxe no viveiro de empresas unha xornada á que asistiron case unha trintena de alumnos do IES As Fontiñas

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella, rúa República Checa, 40) celebrou hoxe unha xornada gratuíta sobre actitudes emprendedoras e igualdade. Trátase dunha conferencia enmarcada na sexta edición de Xornadas de Igualdade entre Mulleres e Homes no Ámbito Económico do Programa de Apoio Empresarial a Mulleres (PAEM), dirixido a alumnos e profesorado de último curso de formación profesional de grao medio e superior na que participou a responsable da incubadora empresarial, Rosa Cardeso. Nesta ocasión asistiron á xornada 27 alumnos do ciclo superior de Secretariado do IES As Fontiñas de Santiago.