Innolact, spin-off da USC, é a única empresa galega e a segunda en España que fabrica queixo mascarpone
- Detalles
- Categoría: CITT-USC
- Published: Luns, 05 Abril 2010 00:00
- Visitas: 950
Innolact é a única empresa galega especializada na fabricación de queixos de untar, un produto moi complicado de elaborar dende o punto de vista tecnolóxico. Así, en toda España só hai outras tres, todas elas multinacionais. A empresa, que ten as súas instalacións no concello lugués de Castro de Rei, inicia a súa actividade no ano 2007 e na actualidade xa comercializa o seu queixo en toda España.