Biólogos da Universidade de Santiago descobren por primeira vez que o polbo ten paternidade múltiple
- Detalles
- Categoría: CITT-USC
- Published: Luns, 15 Marzo 2010 00:00
- Visitas: 911
Un equipo de investigadores do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago estuda dende hai anos a xenética de diferentes especies mariñas. Un dos traballos no que están inmersos na actualidade céntrase no engorde do polbo en catividade. Trátase dun proxecto nacional no que participan a práctica totalidade das comunidades autónomas que teñen mar. Está financiado pola Consellería do Mar e por JACUMAR, pertencente á Secretaría Xeral do Mar do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.