A Cámara de Comercio de Santiago organiza o próximo xoves-28 unha xornada gratuíta sobre a Lei do Comercio Interior en Santa Comba

Esta sesión forma parte dun ciclo que se celebra na área cameral, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación de Empresarios de Santa Comba ofrecen o próximo xoves, 28 de abril, unha xornada formativa sobre a Lei do Comercio Interior en Galicia, a partir das 21:00 horas nas instalacións da asociación (rúa Pontevedra nº 9, entrechán –Santa Comba). O relatorio sobre a lei estará dirixido pola directora Xeral de Comercio, Nava Castro.

A Cámara de Comercio de Santiago explicará aos empresarios os pormenores do comercio aduaneiro

aduanaO curso inaugurarase o próximo luns, 2 de maio

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza un curso sobre a aduana no comercio exterior, entre os días 2 e 9 de maio. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer os conceptos aduaneiros básicos e o funcionamento das institucións e técnicas mercantís. As clases desenvolveranse entre as 18-22:00 horas.

A Cámara de Comercio de Santiago aposta por un novo presidente do Consello Superior de Cámaras que sexa quen de afrontar con “enerxía e dedicación” a nova etapa que se abre trala dimisión de Gómez Navarro

Confía igualmente en acordar un novo marco de colaboración frutífera coa Xunta de Galicia

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago espera que o substituto de Javier Gómez Navarro, que dimitiu onte do seu cargo de presidente do Consello Superior de Cámaras, aposte con forza por unhas  institucións que prestan servizos “eficientes e necesarios” no ámbito da internacionalización das empresas, programan ofertas de formación “útiles e a medida de cada sector”; e traballan “con pulo” na creación das mellores condicións para o desenvolvemento económico-empresarial, en xeral, e do emprendemento, en particular. “As nosas corporacións –engade a Cámara de Santiago– tamén manteñen unha forte implicación coa innovación e un decidido compromiso co medio ambiente, ademais de exerceren unha importante función consultiva coas Administracións públicas”.

A Cámara de Comercio de Santiago presenta un programa informático para mellorar a xestión e organización das empresas

programacionFacilita o traballo en equipo do persoal da entidade e organiza os procesos documentais

Beneficiaranse do proxecto un máximo de 10 empresas que poderán solicitalo ata o 20 de maio


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta aos empresarios composteláns o programa Innovía. Trátase dunha aplicación informática para mellorar a xestión e organización das pequenas e medianas empresas. É un proxecto promovido pla Cámara compostelá e financiado polo programa Innoempresa, do Ministerio de Industria, e fondos Feder.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza un curso de alemán para empresarios

Esta acción formativa enfocarase polo método de diálogo entre os seus participantes

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela oferta como novidade dentro da súa programación formativa no primeiro semestre do ano un curso básico de alemán. Esta acción formativa impartirase entre os días 26 de abril e 11 de maio, en horario de 20-22:00 horas.