A Cámara de Comercio de Santiago oferta unha xornada sobre a empresa familiar, pilar do tecido empresarial galego

Esta acción impartirase mañá martes, ás 20:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza mañá martes, 10 de maio, unha xornada gratuíta sobre a problemática legal e fiscal da empresa familiar, destinada a elevar o nivel profesional do empresario e os seus colaboradores, tanto actuais como futuros das empresas familiares con vocación de continuidade. A xornada desenvolverase nas instalacións camerais de Santiago, ás 20:00 horas.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago oferta unha xornada sobre a empresa familiar, pilar do tecido...

O candidato do BNG á alcaldía de Santiago, Rubén Cela, ofrece o seu apoio á Cámara de Comercio como institución

bngAsí o manifestou esta mañá nunha reunión con representantes camerais

Un grupo de representantes da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, encabezados polo seu presidente, Jesús Asorey, recibiron esta mañá no salón de actos cameral ao candidato á alcaldía de Santiago polo BNG, Rubén Cela.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o próximo xoves unha xornada gratuíta sobre a Lei do Comercio Interior de Galicia

navaCelebrarase ás 21:00 horas nas instalacións da sede cameral compostelá

Esta sesión forma parte dun ciclo que se celebra na área cameral, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela ofrece o próximo xoves, 5 de maio, unha xornada formativa sobre a Lei do Comercio Interior de Galicia, a partir das 21:00 horas no salón de actos da entidade cameral (rúa San Pedro Mezonzo, 44-baixo). O relatorio sobre a lei estará dirixido pola directora Xeral de Comercio, Nava Castro.

A Cámara de Comercio de Santiago asina un convenio coa USC para impulsar actividades culturais, científicas, pedagóxicas e de investigación

uscO acordo garante a loita polo fomento do espírito emprendedor, con apoio na orientación profesional e no desenvolvemento de proxectos empresariais a través dos seus propios viveiros de empresas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron hoxe un convenio marco para o desenvolvemento conxunto de actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación. O fomento do espírito emprendedor e a colaboración no desenvolvemento da innovación das empresas pertencentes á Cámara de Comercio de Santiago son outros obxectivos reflectidos neste convenio. Ao acto asisitiron o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o reitor da USC, Juan J. Casares; ademais da secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal; e o secretario xeral adxunto da entidade cameral, Fernando Barros.

A Cámara de Comercio aproba a presentación ao Igape dun proxecto para pemes do sector de artes gráficas de Santiago

artesgraficasPoderán participar 20 empresas interesadas en mellorar a súa toma de decisións estratéxicas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela aprobou a presentación ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dun proxecto para pemes do sector de artes gráficas.

Ler máis: A Cámara de Comercio aproba a presentación ao Igape dun proxecto para pemes do sector de artes...