A Cámara de Comercio de Santiago ensinará ás empresas a facer a súa declaración da renda

rentaEste curso comezará a impartirse o próximo luns en horario de 20-22:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza para o próximo luns, 23 de maio, un curso sobre o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Los empleados de las Cámaras gallegas rechazan la polémica sobre la fusión de las corporaciones

trabajadoresLa Asociación de Personal de Cámaras de la Comunidad Autónoma de Galicia, al hilo del debate surgido en torno a una posible reducción del número de Cámaras gallegas, quiere hacer una llamada a la prudencia para evitar en lo sucesivo que se generen polémicas que en nada ayudan a la búsqueda de soluciones que garanticen la viabilidad de nuestras entidades.

A Cámara de Comercio de Santiago imparte un curso sobre redes sociais para empresarios

redes-sociales-del-mundoEsta acción formativa impartirase do 18 ao 31 de maio

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza o próximo mércores, 18 de maio, un curso práctico de recursos en internet. Analizaranse as súas vantaxes, oportunidades e negocios on-line; os asistentes poderán coñecer a fondo o funcionamento de blogs, web 2.0 e redes sociais para empresas, tipo facebook e twitter, que permiten ao empresario difundir as súas acitivdades e compartilas con todo o mundo a través da rede. Impartirase na sede cameral en horario de 20:00- 22:00 horas ata o 31 de maio.

A confianza dos empresarios do Barbanza descende por segundo trimestre consecutivo

confianzaUn 73% das empresas non progresan na súa actividade pola debilidade da demanda

Son datos que aparecen recollidos no Indicador de Confianza Empresarial do 1º trimestre de 2011, que realiza a Cámara de Comercio de Santiago a través de enquisas a máis de 1.000 empresas da comarca


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, desde a súa Antena Local, presentou esta mañá no Concello de Boiro o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza cos resultados do primeiro trimestre de 2011 e expectativas para o segundo trimestre do ano. No acto estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o alcalde de Boiro, Xosé Deira; o teniente alcalde, Juan Jesús Ares; e o secretario xeral adxunto da Cámara, Fernando Barros.

A Cámara de Comercio de Santiago forma a empresarios no eido das redes sociais

Esta xornada gratuíta de Community Manager impartirase este xoves-12, na Asociación do Pequeño Comercio de Pobra do Caramiñalcommunity-manager

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza o próximo xoves-12 de maio, ás 21:00 horas, unha xornada gratuíta sobre Community Manager. Estrategias 2.0, en colaboración coa Asociación do Pequeño Comercio de Pobra do Caramiñal (rúa Rafael Calleja, 11- 13). A xornada estará impartida pola directiva de Identia Coaching & Formación, Nelly Rey.