O Colexio de Arquitectos de Galicia premia 19 obras galegas de nova planta, rehabilitación, decoración ou espazos abertos, entre outras categorías

MercedesO COAG fai público o fallo do xurado que recoñece as mellores obras da arquitectura galega do último bienio

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fai público o fallo do xurado na décimo cuarta edición dos Premios COAG de Arquitectura. Estes premios, que se celebran cada dous anos, tratan de recoñecer as mellores obras da arquitectura galega intentando destacar a función social que desempeña a arquitectura. Foron seis as obras que acadaron o máximo galardón destes premios, once obtiveron accésits e dúas recibiron mencións especiais.
Presentáronse un total de 169 obras nas diversas categorías de premios e mencións: edificio de nova planta; rehabilitación; planeamento, intervencións e desenvolvementos urbanos; decoración e interiorismo; espazos abertos públicos como prazas, paseos ou parques; e arquitecturas efémeras.

Dentro das mencións, presentáronse obras á categoría de arquitectura de baixo custo, á de obra primeira de arquitectos no comezo da súa carreira profesional e á de arquitectura sostible.

O xurado estivo composto polo decano do COAG, Celestino García Braña, que exerceu de presidente; como vogais dous arquitectos de recoñecido prestixio, Emilio Tuñón Álvarez e Lluis Clotet i Ballus; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), José Manuel Casabella; e o presidente da Comisión de Cultura do COAG, Alfredo Díaz Grande; e finalmente, como secretario do xurado interviu o Pedro Taboada de Zúñiga, que ocupa o mesmo cargo na Delegación da Coruña do COAG.

Segundo as bases dos premios, as obras presentadas a concurso foron finalizadas entre o 1 de xullo de 2008 e o 31 de xullo de 2010. No caso da arquitectura de baixo custo, a intención ao acordar a mención é valorar as obras que se realizan na práctica de construción e promoción cotiá cos recursos limitados, as veces os mínimos, e sempre con consideración dos límites económicos como parte do proxecto (vivenda mínima, autoconstrucción ou promoción privada de pequena entidade). No caso da obra primeira, consideraranse incluídos os proxectos de arquitectos con menos de seis anos con titulación.

PREMIOS


PREMIO DE OBRA DE NOVA PLANTA

Casa Mercedes na Cidade Xardín. A Coruña
Autores: Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
Localización: Avenida de la Habana, 21. A Coruña

ACCÉSITS

Casa A5 Urbanización As Galeras. Oleiros (A Coruña)
Autor: Carlos Seoane González
Localización: Santa Eulalia de Lians (Oleiros, A Coruña)
Centro de Saúde de Oleiros. A Coruña
Autores: Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso
Localización: Rúa da Cruz, 26. Oleiros (A Coruña)

Delegación de Vigo do COAG. Vigo
Autores: Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera
Localización: rúa Doutor Cadaval, 5. Vigo

384 Vivendas VPP. Vigo
Autores: Salvador Fraga, Manuel Portoles e Francisco Javier García
Localización: San Paio de Navia. Vigo

Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. San Amaro (Ourense)
Autores: Carlos Martínez, Ángeles Santos e Carmen Ruíz
Localización: San Cibrao de Las. San Amaro (Ourense)


PREMIO DE REHABILITACIÓN

Rehabilitación de inmoble
Autor: Alfredo Sirvent
Localización: rúa Méndez Núñez, 16. Vigo


PREMIO DE PLANEAMENTO, INTERVENCIÓNS E DESENVOLVEMENTOS URBANOS

Conxunto Residencial “Manzana Masso”. Bueu (Pontevedra)
Autores: Jerónimo Junquera, Liliana Obal e Teodoro de Francisco Antes.
Localización: Praza do Concello. Bueu (Pontevedra)


PREMIO DE DECORACIÓN E INTERIORISMO

Centro Cultural da UDC. A Coruña
Autores: Gabriel Santos e Mario de Felice
Localización: Riazor (A Coruña)

ACCÉSITS

Hotel Moure. Santiago de Compostela
Autores: Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso
Localización: rúa Loureiro, 6. Santiago de Compostela (A Coruña)

Vivenda Taller. Vigo
Autores: Belinda Besada e Marister Failde
Localización: rúa Chile, 4. Vigo


PREMIO ESPAZOS ABERTOS PÚBLICOS (prazas, paseos, parques, etcétera)


Remodelación do Porto de Malpica
Autores: Juan Creus e Covadonga Carrasco
Localización: Porto de Malpica (A Coruña)

ACCÉSIT

Praza de San Fructuoso
Autores: Alberto Quintáns e Cristina Ansede
Localización: rúa da Trinidade. Santiago de Compostela (A Coruña)


PREMIO ARQUITECTURAS EFÉMERAS

Acto de Imposición de Mans. Proxecto de Urbanización. Baiona (Pontevedra)
Autores: Patricia Alonso e Francisco Javier López
Localización: Centro de Atención á Primeira Infancia. Baiona (Pontevedra)


ACCÉSIT

Chillida Lupo
Autor: Fermín González


MENCIÓN ARQUITECTURA DE BAIXO CUSTO


Instituto do Campo. Xinzo da Limia (Ourense)
Autores: Santiago Barge, Mª Belén Bouza e Olalla Barge
Localización: Dous de Maio, s/n. Xinzo da Limia (Ourense)

ACCÉSIT

Construción auxiliar á Escola Habanera. Xermade (Lugo)
Autora: Luz Paz
Localización: Roupar. Xermade (Lugo)


MENCIÓN OBRA PRIMEIRA, OBRA DE ARQUITECTOS NO COMEZO DA SÚA CARREIRA PROFESIONAL



Farmacia. Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Autores: Faustino Patiño e Juan Ignacio Prieto
Localización: Cerdeiral. Salvaterra de Miño (Pontevedra)


ACCÉSIT

Vivenda unifamiliar. Oleiros (A Coruña)
Autor: Óscar Pedrós
Localización: O Valiño, parcela 245. Oleiros (A Coruña)


PREMIO ARQUITECTURA SOSTIBLE

Deserto